ABANCA renova o seu compromiso co proxecto do Ademar ata 2024
- A entidade financeira amplía o seu apoio ao conxunto ademarista e seguirá como principal patrocinador as tres próximas tempadas
- O novo acordo de colaboración permitirá dar continuidade ao proxecto deportivo do club desde o primeiro equipo ata as categorías inferiores
ABANCA cumprirá polo menos unha década como principal patrocinador do ABANCA Ademar, logo de renovar o acordo de colaboración que mantén co club leonés. A entidade financeira dá así un novo impulso ao seu traballo conxunto co equipo ademarista e prolonga o patrocinio tres anos máis, como mínimo ata o final da tempada 2023-2024.
ABANCA converteuse no principal patrocinador do club de balonmán leonés ao inicio da tempada 2014-2015, momento no que a marca da entidade financeira incorporouse tamén ao nome do primeiro equipo. Desde ese momento, ABANCA mantivo unha vocación de permanencia, clave para conferir estabilidade ao proxecto, contribuír á profesionalización da xestión e impulsar os éxitos deportivos. Precisamente durante esta etapa o conxunto ademarista mantivo un alto nivel de competición, con distintos subcampionatos na Liga, na Copa ASOBAL e na Copa do Rei, participación constante na Liga Europea da EHF e tamén na Liga de Campións da EHF.
Logo de ampliar as vindeiras tres campañas o acordo, o banco seguirá cedendo o seu nome ao equipo, que se manterá como ABANCA Ademar. A marca da entidade financeira volverá a ocupar un lugar principal na camiseta, pero tamén noutros soportes relacionados co club como a cartelería, a web, as publicacións oficiais, o autobús, o recinto deportivo ou os carnés de socio, entre outros.
A entidade financeira mantivo este apoio ao club ademarista o pasado ano despois da suspensión das competicións debido á alerta sanitaria creada pola pandemia da COVID-19. ABANCA tomou a decisión de abonar integramente os sus patrocinios deportivos, independentemente do desenvolvemento das distintas competicións. No caso particular do ABANCA Ademar, a Liga ASOBAL suspendeuse cando aínda restaban por disputarse case un terzo dos partidos.
Un apoio que trascende a esfera deportiva
Máis alá do impulso ao futuro do primeiro equipo, este acordo busca desenvolver unha das canteiras máis importantes do balonmán nacional. O banco apoia con esta colaboración ás categorías inferiores do club, que nutriran de balonmanistas ao ABANCA Ademar, pero que tamén triunfaran na selección española de balonmán e noutros equipos e ligas.
Nesta vocación de promoción do deporte, o banco tamén apoiou ao ABANCA Ademar na celebración de grandes eventos deportivos de balonmán na cidade. Proba disto son as catro edicións da Copa ASOBAL celebradas consecutivamente entre as tempadas 2014-2015 e 2017-2018 en León e unha edición da Copa do Rei de balonmán na tempada 2016-2017.
Todo iso sen esquecer outras iniciativas de promoción como a activación de medidas financeiras para impulsar a campaña de abonos, a captación de socios, a celebración do “Partido ABANCA” ou a participación activa en distintas actividades socioeconómicas relacionadas coa familia ademarista.