• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA renova o seu servizo de oficina móbil para reforzar o seu compromiso inclusión financeira

  • A entidade substitúe un dos dous vehículos que prestan este servizo en 16 localidades da comunidade e en actos sociais
  • A nova oficina móbil incorpora novos recursos tecnolóxicos e de confort e permite ofrecer os mesmos servizos que o resto da rede comercial do banco
  • O banco é a única entidade con servizo en 175 núcleos de poboación de Galicia, a través das súas oficinas, caixeiros desprazados ou oficinas móbiles

O director de Banca Sectorial, Jesús Combarro (terceiro pola dereita), xunto a outros representantes de ABANCA coa nova oficina móbil en Oímbra (Ourense).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

A nova oficina móbil prestando servizo en Padrenda (Ourense).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

17-12-2024
Negocio

ABANCA vén de incorporar un novo vehículo ao seu servizo de oficina móbil. A entidade financeira substitúe a súa unidade máis antiga por outra que incorpora as últimas novidades tecnolóxicas e de confort para ofrecer un mellor servizo e facer fronte á exclusión financeira.

A nova oficina móbil destaca polas súas instalacións máis modernas e amplas que replican o novo modelo que o banco está a despregar na súa rede comercial. Os clientes poden realizar depósitos e retiradas de efectivo, consultar información sobre os seus produtos ou servizos ou realizar contratacións como en calquera oficina bancaria. O vehículo conta cun posto de atención transaccional e comercial, cunha pequena sala de espera e cun caixeiro automático de última xeración. Este dispositivo de autoservizo está dispoñible aínda que a oficina móbil estea pechada.

A unidade cubrirá inicialmente o percorrido asignado á oficina móbil anterior, fundamentalmente no sur da provincia de Ourense. Esto quiere decir que chegará todas as semanas a localidades como Rairiz de Veiga, Oímbra, Albarellos, Quintela de Leirado, Os Blancos, Baltar, San Xoán de Río e Padrenda, onde só opera ABANCA. Aquí atenderá máis de 9.700 clientes e non clientes. A segunda unidade coa que conta o banco desprázase regularmente por localidades das provincias da Coruña e Pontevedra.

A nova oficina móbil tamén supón un avance en canto ao compromiso co medio ambiente, xa que o vehículo conta coa etiqueta distintiva ECO da DGT polo uso de GLP na combinación de combustibles. Isto permite reducir as emisións contaminantes, obtendo o máximo rendemento posible do motor.

Unha estratexia para achegar os servizos financeiros

O servizo de oficinas móbiles consolidouse nos últimos 25 anos como unha solución única e exitosa de ABANCA en Galicia contra a exclusión financeira e social. Moitos dos seus usuarios son persoas maiores do medio rural, que sen este servizo quedarían sen acceso directo a un banco. Con 17 poboacións atendidas e 18.300 clientes e non clientes, as dúas unidades son unha alternativa para evitar desprazamentos en zonas que carecen deste tipo de servizos. Os propios clientes poñen en valor como cualidades máis salientables destas oficinas móbiles a súa proximidade e a atención personalizada. En total, as dúas oficinas móbiles viaxan cada ano máis de 85.000 quilómetros.

Este servizo xoga un papel relevante na estratexia de inclusión financeira de ABANCA en Galicia. O banco é a única entidade con oficina en 143 núcleos de poboación, unha cifra que medra ata os 175 núcleos se se suman as localidades que contan con servizo de caixeiro móbil ou oficina móbil. Ademais, un terzo da rede comercial de ABANCA en Galicia sitúase en concellos de menos de 5.000 habitantes.

De xeito complementario, estas unidades móbiles tamén xogan un papel protagonista en encontros sociais, culturais e económicos de gran relevancia en Galicia. Ao longo deste ano prestaron servizo de efectivo en dez eventos, entre os que destacan a Feira Internacional ABANCA Semana Verde de Galicia e o festival O Son do Camiño.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .