ABANCA ReSuena celebra o Día Mundial da Música co concerto ‘We will rock you!’
- Máis de 200 estudantes de música interpretarán un programa composto por temas tan populares como Imagine ou o Himno de la Alegría.
- O evento musical será o sábado 15, ás 12.30 horas, no Palacio da Ópera.
A orquestra ABANCA ReSuena ofrecerá este sábado 15 de xuño un concerto no Palacio da Ópera coincidindo coa celebración do Día Mundial da Música. A actuación, que se presenta baixo o título We will rock you!, comezará ás 12.30 horas e a entrada será libre e gratuíta até completar o aforamento.
Os máis de 200 estudantes de música que participan no proxecto, posto en marcha polo banco e a Orquestra Sinfónica de Galicia en 2014, interpretarán un programa formado por nove composicións musicais baixo a batuta de Diego Zecharies, director artístico e musical de ABANCA ReSuena. O repertorio que prepararon para esta actuación inclúe temas como a canción popular Estrellita, o Himno de la Alegría, Hey Song, Imagine, Beatles Medley, Santana, Final Countdown, AC/DC Highway to Hell e Queen in concert.
ABANA ReSuena é un programa baseado nun modelo ético, pedagóxico, ocupacional e artístico no que a música serve como nexo de unión e integración entre nenos e nenas de calquera contorna social, económico e cultural.
A aposta da Obra Social ABANCA por este proxecto promovido pola Orquestra Sinfónica de Galicia responde a unha visión da música como ferramenta para o estímulo da aprendizaxe que, ademais, axuda a transmitir valores fundamentais para alcanzar o éxito en calquera faceta da vida, como o esforzo, a constancia, a superación, o respecto, o compromiso, a solidariedade e o traballo en equipo.
A iniciativa desenvólvese na actualidade no Centro Cívico de Monte Alto e o CEIP Alborada en Elviña e participan nela máis de 200 escolares.