ABANCA reúne a 40 emprendedores do Bierzo para fomentar a innovación e a creación de empresas
- O Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende terá lugar en Ponferrada o próximo 25 de novembro
- A iniciativa foi presentada hoxe na sede de ABANCA en Ponferrada
A Cidade da Enerxía de Ponferrada acollerá o próximo 25 de novembro a celebración do Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende, un evento no que 40 emprendedores da comarca compartirán coñecemento e experiencias, diagnosticarán problemas e necesidades, e buscarán solucións aplicables ao proceso de creación de novas empresas.
Ademais dos representantes destas 40 empresas participantes e outros especialistas, no evento intervirán Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA, e Miguel Ángel Escotet, director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA e presidente do padroado de Afundación.
O Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende foi presentado esta mañá na sede de ABANCA en Ponferrada por Valentín Carrera, xornalista e impulsor desta iniciativa, e Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en León. “Concibimos este evento como un espazo para a discusión colaborativa, o intercambio de experiencias e a procura de solucións como primeiro paso para construír unha rede de cooperación entre empresas que optimice e potencie o emprendimiento berciano”, explica Valentín Carreira.
“O obxectivo que ABANCA fixouse con este evento é apoiar a xeración e difusión de coñecemento específico e aplicable que poida ser empregado polos emprendedores no desenvolvemento dos seus novos proxectos. En última instancia queremos promover a creación de novas empresas como forma de incrementar a prosperidade e o progreso social”, sinala Marcos Lamas.
Posta en común e solucións
A filosofía do Encontro ABANCA Bierzo Innova e Emprende é eminentemente práctica. O seu obxectivo é xerar propostas concretas e viables para facilitar a innovación empresarial, potenciar a posta en marcha de novos proxectos e crear canles que permitan a integración horizontal entre eles.
Ao longo da xornada celebraranse senllos workshops centrados, respectivamente, nos problemas e fortalezas detectados polos emprendedores na súa experiencia de creación dun negocio e nas posibles vías de colaboración entre proxectos empresariais. A primeira sesión dará lugar a conclusións sectoriais, mentres que a segunda xerará accións transversais entre diferentes sectores. O evento incluirá tamén unha mesa redonda aberta ao público e centrada na innovación e o emprendimiento social como factores de desenvolvemento para a comarca do Bierzo.
Este encontro vén precedido por un exhaustivo labor de detección desenvolvido desde o pasado mes de maio para seleccionar 40 empresas e proxectos bercianos caracterizados polo seu alto grao de innovación e o seu carácter social. Os proxectos seleccionados están vinculados á zona de influencia do Bierzo e operan en once sectores de actividade (agricultura, turismo, gastronomía, enoloxía, hostalaría, servizos profesionais, comercio local, desenvolvemento social, ONGs e servizos á comunidade, internet, e creación cultural e artística).
Todos eles teñen en común a súa conciencia social, o seu carácter respectuoso co medio ambiente, a súa inspiración no comercio xusto e a economía colaborativa, e a súa filosofía de comercialización directa produtor/consumidor.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES (Cidade da Enerxía de Ponferrada, 25 novembro)
9:30-10:00 h. APERTURA: • Benvida: Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en León • “Qué é Bierzo Innova e Emprende”: Valentín Carrera, xornalista • “ABANCA e o emprendimento social”: Miguel Ángel Escotet, director general de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA e presidente do padroado de Afundación
10:00-11:30 h.: WORKSHOP. 1ª sesión: ESTADO DA CUESTIÓN. CARENCIAS E FORTALEZAS
12:00-13:30 h: WORKSHOP. 2ª sesión: INTEGRACIÓN HORIZONTAL. VENTAXAS PERCIBIDAS E OBSTÁCULOS A REMOVER
16:00-17:00 h.: MESA REDONDA: INNOVACIÓN E EMPRENDIMIENTO SOCIAL NO BIERZO COMO FACTORES DE DESENROLO E PROGRESO • Beatriz Escudero (Pharmadus e La Tetera Azul) • Marcos Lamas (ABANCA) • Liliana Gutiérrez (El Puestín del Mercao) • Ricardo Palacios (Granja Canedo) • Valentín Carrera • Moderador: David Rodríguez (Nexon Consultores, promotor da 1ª red de Business Angels do Bierzo e miembro de Bierzo Pyme).
17:00 h.: CLAUSURA • Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA