• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA reúne en Lugo ao seu comité de dirección con motivo do San Froilán

  • O equipo directivo súmase ao Día da Educación Financeira coa visita a un dos talleres formativos do Espazo +60
  • O crédito da entidade financeira galega ao sector agro na provincia lucense crece ao peche de agosto un 25% con respecto ao ano anterior

Foto de familia do comité de dirección de ABANCA coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao conselleiro delegado, Francisco Botas (dereita) e o director territorial do banco nesta provincia, Javier Soto (esquerda).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Francisco Botas (dereita), Miguel Ángel Escotet Álvarez (centro) e Javier Soto (esquerda), durante a visita ao curso de educación financeira para persoas maiores.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

07-10-2019
Corporativo Negocio

O comité de dirección de ABANCA, o máximo órgano directivo da entidade tras o consello de administración, trasladou hoxe a súa xornada de traballo a Lugo para sumarse á celebración de San Froilán, unha das festas patronais máis tradicionais e multitudinarias de Galicia.

O alto órgano de ABANCA, integrado polo conselleiro delegado, Francisco Botas, e 14 directores xerais, desprazouse ao mediodía ao recinto feiral de San Froilán acompañado da alcaldesa lucense, Lara Méndez; o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto, e varios responsables de negocio da entidade nesta provincia. No seu percorrido pola zona de festas aproveitaron para visitar algunhas das clásicas casetas e degustar o prato típico do polbo, acompañando aos lucenses e visitantes que abarrotaban o recinto para gozar dos festexos patronais.

O programa da tarde do comité de dirección da entidade financeira en Lugo comezou coa visita a un dos talleres formativos sobre banca móbil dirixidos a persoas maiores que se desenvolven no Espazo +60 da Obra Social ABANCASerás redirixido a outro sitio web na cidade amurallada. A alta dirección de ABANCA quixo participar con este xesto na conmemoración do Día da Educación Financeira, unha efeméride que marcou tamén o inicio do programa de educación financeira que o banco e a súa Obra Social Afundación desenvolverán ao longo do curso 2019-2020.

A continuación, o comité de dirección celebrou a súa habitual reunión semanal, na que se abordan asuntos estratéxicos e operativos relevantes para a entidade e faise seguimento do día a día do negocio. Ao termo desta sesión, desenvolveuse o comité de investimentos, no que se revisaron e sancionaron diversas operacións de crédito.

Encontro co equipo comercial

Posteriormente, o comité de dirección de ABANCA participou nun encontro de traballo da Territorial de Lugo con máis dun centenar de profesionais da rede de oficinas da entidade nesta provincia. Durante esta reunión, o conselleiro delegado e os directores xerais compartiron co equipo comercial os datos de evolución das principais magnitudes de negocio do banco no que vai de ano e as prioridades para este último trimestre.

Así mesmo, os directivos revisaron cos compañeiros e compañeiras da área comercial as cifras máis relevantes da actividade do banco na provincia lucense durante este 2019. Entre os datos analizados destaca o crecemento en crédito, especialmente significativo en operacións de circulante a empresas, que rexistran un incremento anual superior ao 20%, e en financiamento ao segmento de negocios, cuxo volume ata agosto creceu un 29% con respecto ao mesmo período do ano anterior. Gran parte deste avance do crédito susténtase en financiamento a sectores estratéxicos para a provincia e o tecido industrial lucense, como poden ser agro e mar, cuxo volume de investimento crece ao peche de agosto un 25% e un 70% interanual, respectivamente.

Compromiso con Lugo

ABANCA presta servizo a particulares e empresas en Lugo a través dunha rede comercial de 67 oficinas, entre as que se inclúe un centro especializado en empresas, e un equipo formado por máis de 300 profesionais.

Ademais do apoio financeiro, o compromiso de ABANCA con Lugo queda patente a través de diferentes iniciativas no ámbito da cultura e o deporte. No marco do seu plan de apoio ás festas de interese turístico de Galicia e da cultura popular deste territorio, a entidade financeira galega contribúe de forma significativa á promoción das festas de San Froilán e Arde Lucus. Polo que respecta ao deporte, o banco é patrocinador dos principais clubs lucenses, o CD Lugo e o CB Breogán, e apoia a un total de 17 clubs deportivos nesta provincia a través do seu Programa ABANCA Deporte BaseSerás redirixido a outro sitio web.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .