ABANCA reúne en Ourense o seu Consello de Administración
A cita contou coa presenza de todos os conselleiros, encabezados polo presidente, Javier Etcheverría, o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas.
O Consello de Administración de ABANCA reuníuse hoxe en Ourense en sesión ordinaria. A cita contou coa presenza de todos os conselleiros do banco, encabezados polo presidente, Javier Etcheverría, o vicepresidente, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas.
ABANCA é a entidade financeira líder na provincia de Ourense. Mediante a súa rede comercial, complementada pola actividade das oficinas móbiles que operan en diferentes concellos do rural, o banco con sede en Galicia dá cobertura ao 94% da población ourensana.
A actividade de negocio de ABANCA está centrada nas familias e pequenas e medianas empresas, con especial énfase na concesión de crédito. ABANCA mantén acordos de colaboración coas principais asociacións de empresarios e productores dos sectores máis representativos da economía da provincia.
ABANCA conta cunha importante presenza na provincia a través do seu apoio a numerosas iniciativas de tipo económico, social, deportivo ou cultural, como a Campaña de Nadal do comercio, o Rally de Ourense, o Salón do Automóbil, o Festival Internacional de Cine, a Festa do Pulpo do Carballiño, a Festa da Istoria de Ribadavia, ou os entroidos de Xinzo de Limia e Verín.
Ourense é escenario, ademáis, de diversas accións (exposicións, sesión formativas, ciclos culturais, programas de envellecemento activo, etc.) desenvolvidas polo banco dentro da súa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa nos ámbitos educativo, cultural ou asistencial, xa sexa de xeito individual ou en colaboración con Afundación.