• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA robustece o seu negocio de banca persoal coa compra da rede española do Grupo Novo Banco

  • Con esta adquisición supera os 100.000 millóns de volume de negocio
  • A entidade incrementa o seu posicionamento en España, moi especialmente en Madrid, como ten previsto no seu plan estratéxico
  • É a sexta operación corporativa de ABANCA desde 2014

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

05-04-2021
Corporativo Negocio

ABANCA acaba de pechar con Novo Banco S.A. a compravenda do negocio do banco portugués en España. Con esta operación, a entidade alcanza os 100.000 millóns de euros de volume de negocio e reforzará o seu posicionamento en dous ámbitos de actividade prioritarios: o negocio de banca persoal e privada e o negocio de empresas. A compra presenta un baixo risco de execución e mínimo consumo de capital.

Tras a operación, ABANCA terá un volume de activos de 71.338 millóns de euros e xestionará 42.368 millóns de crédito á clientela, 46.037 millóns de depósitos e 11.789 millóns en pasivo fóra de balance. Contará con 6.312 empregados e 745 oficinas.

Novo Banco España aporta un volume de negocio de 4.287 millóns. Dispón de 10 oficinas situadas en contornas urbanas con especialidade en banca persoal, privada, de empresas, corporativa e institucional. Conta cun persoal formado por 172 empregados e unha rede de 102 axentes financeiros especializados.

A operación que se pechou queda suxeita á obtención das autorizacións regulatorias correspondentes e á realización do proceso de integración, campo no que ABANCA acumula unha contrastada experiencia nos últimos anos.

Operación complementaria en negocio

A operación robustece o posicionamento de ABANCA en España, moi especialmente en Madrid; e en segmentos de negocio que son estratéxicos para a entidade. O primeiro é o negocio de banca Persoal e Privada que xa creceu nos últimos anos co desenvolvemento previsto no seu Plan Estratéxico e coas compras da rede de Deutsche Bank PCB en Portugal, a de Banco Caixa Geral en España e, máis recentemente coa adquisición de Bankoa. O segundo dos eixos que se verá reforzado coa compra da rede española de Novo Banco é o negocio de empresas, especialmente na operatoria fóra de balance e a actividade exterior.

Ademais, Novo Banco achegará potencial de crecemento en liñas como a actividade aseguradora. O negocio asegurador atópase en pleno crecemento en ABANCA tras o relanzamento da compañía de Vida e a creación de ABANCA Seguros Generales conxuntamente con Crédit Agricole Assurances, que xa conta co permiso para operar e que lanzará os seus primeiros produtos propios nas próximas semanas.

As importantes sinerxías que presenta a operación permitirán a ABANCA avanzar na mellora da súa eficiencia.

Sexta operación corporativa desde 2014

ABANCA ten probado con éxito o seu modelo de integración doutras entidades nas operacións corporativas que realizou nos últimos anos. A primeira foi a integración en 2014 do Banco Etcheverría; en 2017 realizouse a compra de Popular Servicios Financieros; en 2018, ABANCA adquiriu Deutsche Bank PCB, e tamén en 2018 comprou á Caixa Geral de Depósitos o seu banco en España, Banco Caixa Geral. En 2020, produciuse a compra de Bankoa cuxo proceso de integración a ABANCA finalizará durante o cuarto trimestres de 2021.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

B100, novo patrocinador principal da Cursa dels Nassos de Barcelona

29-07-2025
Corporativo

B100. The Healthy Banking dará nome á Cursa dels Nassos que se disputará o 31 de decembro.

Cursa dels Nassos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .