• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA será pioneira en integrar a información de consumo enerxético de Datadis no seu sistema de xestión

  • O banco é a primeira entidade financeira que colabora con este proxecto impulsado polas empresas de distribución eléctrica españolas E-DISTRIBUCIÓN, i-DE, UFD, E-REDES, VIESGO e BEGASA e as integradas en Aseme e Cide
  • Con esta alianza, ABANCA avanza nas liñas establecidas na súa Política Enerxética e Ambiental e nos obxectivos de redución de emisións marcados no seu Plan Global de Eficiencia Enerxética
  • A integración dos datos que ofrece Datadis no sistema de xestión interno do banco permitiralle optimizar a curto prazo o consumo de enerxía da súa rede de inmobles

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-03-2021
RSC Sostenibilidad

ABANCA e a plataforma de subministración de datos de consumo eléctrico Datadis, impulsada polas empresas de distribución eléctrica españolas E-DISTRIBUCIÓN, i-DE, UFD, E-REDES, VIESGO e BEGASA e as integradas nas asociacións Aseme e Cide, asinaron un acordo de colaboración en virtude do cal o banco vai participar de forma activa no desenvolvemento da aplicación que permitirá obter de forma automatizada a información individual que ofrece Datadis na súa área privada.

A nova ferramenta facilitará a obtención dos datos de consumo eléctrico dunha maneira máis sinxela e automatizada, de tal forma que aquelas empresas que desexen incorporalos aos seus propios sistemas de xestión póidano facer dunha maneira automática. DatadisSerás redirixido a outro sitio web resulta especialmente interesante para aqueles consumidores que contan con máis dun punto de subministración de distintas distribuidoras. Estes usuarios disporán así dunha visión global e exacta do seu consumo eléctrico, o que lles permitirá tomar decisións para mellorar a súa eficiencia enerxética e aforrar custos, ao poder axustar as tarifas contratadas cos provedores ás súas necesidades reais.

ABANCA é a primeira entidade financeira que colabora con este proxecto que beneficiará a toda a poboación e ao tecido empresarial de forma gratuíta. O banco será pioneiro en testar a nova aplicación e en integrar a información que mostra Datadis no seu sistema interno de xestión enerxética. A entidade iniciou xa os traballos para recibir os datos de maneira automatizada e está previsto que conclúan en marzo.

A experiencia de ABANCA neste proceso, así como na análise e posterior uso dos datos de consumo da súa rede de inmobles, axudará a axilizar os tempos de desenvolvemento para poder poñer a interface ao dispor doutros consumidores interesados nun prazo máis curto. Grazas a esta aplicación, os usuarios poderán consultar información das súas subministracións, contratos, consumos por horas e potencias máximas dunha forma automatizada.

A participación de ABANCA neste proxecto enmárcase dentro das liñas de traballo establecidas na súa Política Enerxética e Ambiental e no seu Plan Global de Eficiencia Enerxética. A visión dos datos de consumo eléctrico e de potencia de toda a súa rede de centros de maneira agregada permitiralle contar cun sistema avanzado de xestión a curto prazo que facilitará a toma de decisións dirixidas a mellorar a súa eficiencia enerxética e reducir a pegada ambiental que xera a súa actividade.

Compromiso ambiental

ABANCA apostou desde os seus inicios por un modelo de organización que contribúa activamente á creación dunha economía sostible desde o punto de vista ambiental, social e de gobernanza. Facer fronte aos desafíos que expón o cambio climático na sociedade dentro do seu ámbito de actuación é un dos retos que se marcou na súa Política de Sostibilidade e nos que foi avanzando nos últimos anos.

O banco materializou a súa preocupación polo medio ambiente coa firma do Compromiso Colectivo de Acción Climática de Nacións Unidas en setembro 2019 e do acordo alcanzado en decembro dese mesmo ano polas principais entidades bancarias españolas para reducir o impacto climático da súa actividade financeira.

Entre as medidas que adoptou a entidade nos últimos anos destaca o proceso de renovación das súas sedes e oficinas, no que se deu prioridade a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións; o consumo de enerxía 100% renovable desde febreiro de 2020 e a medición da súa pegada de carbono cunha ferramenta deseñada especificamente para iso, primeiro paso para establecer un plan de acción que reduza as súas emisións.

Datadis, a plataforma de datos das empresas de distribución eléctrica ao servizo do consumidor

Datadis (www.datadis.esSerás redirixido a outro sitio web) é unha canle dixital creada polas distribuidoras eléctricas, adicional ao que actualmente ofrecen as empresas, que permite aos máis de 29 millóns de consumidores eléctricos un acceso común, transparente, gratuíto, seguro e neutral aos datos do seu consumo eléctrico (tanto o consumo total, como as curvas horarias do seu consumo de electricidade e a potencia contratada).

Por primeira vez, un usuario pode acceder a través dunha única canle á información do seu consumo eléctrico, independentemente do número de puntos de subministración que teña e a que distribuidora pertenzan. Isto é posible grazas a que Datadis funciona como unha pasarela de datos que accede ás bases de datos das empresas distribuidoras mostrando a información almacenada nelas, evitando a duplicidade dos datos e cumprindo coas esixencias da regulación.

Datadis ofrece dous tipos de información:

  • Información privada de consumo: o usuario pode ter acceso aos seus datos de consumo en todos os seus puntos de subministración. Estes datos, propiedade do consumidor, pode xestionalos e determinar se dá acceso a terceiros (comercializadores, consultores enerxéticos, etc.) a través desta mesma plataforma.
  • Información agregada estadística, accesible de forma pública, que permitirá obter información de interese xeral a través dunha serie de informes mensuais predeterminados ou a través da realización de consultas con maior detalle.

Datadis é o resultado da aposta pola innovación e a dixitalización que realizaron as distribuidoras eléctricas durante os últimos anos, especialmente tras a implantación global dos contadores intelixentes nos fogares, que permitiu ao consumidor acceder a datos detallados sobre o seu consumo eléctrico. O proceso de transición enerxética outorga ao consumidor un papel moito máis determinante e as redes de distribución van converterse na panca clave do novo paradigma do sistema eléctrico, actuando como facilitadores neutrais da información que require o consumidor para xestionar o seu consumo eléctrico.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .