• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA subscribe un acordo preliminar co Grupo Crédit Agricole para adquirir Bankoa

  • ABANCA pretende seguir avanzando no seu plan de crecemento e consolidarse como sétima entidade española por activos con 65.000 millóns
  • Bankoa ten un volume de negocio de 4.374 millóns con sólidos cocientes de rendibilidade e calidade dos activos
  • O banco vasco dispón de 30 oficinas en España que prestan servizo a máis de 40.000 clientes particulares e empresas
  • Coa operación, ABANCA aspira a reforzar o negocio con empresas e de xestión de patrimonios, estratéxicos para a entidade galega

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

31-07-2020
Corporativo Negocio

ABANCA está a negociar e subscribiu un acordo preliminar co Grupo Crédit Agricole para a compra das accións que este último posúe en Bankoa. O acordo prodúcese unha vez finalizada, satisfactoriamente para ABANCA, a due diligence sobre a situación da entidade vasca. A negociación culminará, no seu caso, cun acordo firme para a adquisición de Bankoa, que quedaría suxeita ás condicións suspensivas habituais neste tipo de operacións.

Coa compra, ABANCA adquiriría o negocio bancario minorista de Crédit Agricole en España e reforzaría o seu posicionamento no País Vasco. A entidade galega aumentaría en 4.374 millóns o volume de negocio até situalo en 93.000 millóns de euros. En activos consolidaríase como a sétima entidade española con máis de 65.000 millóns.

Esta potencial operación profunda no acordo estratéxico entre ABANCA e Crédit Agricole asinado hai dous anos, cuxo primeiro froito foi a compañía conxunta que xestionará os seguros xerais no mercado español e portugués os próximos 30 anos.

Bankoa: modelo centrado en empresas e patrimonio

Bankoa naceu en 1975 como un banco industrial e atópase profundamente arraigado no tecido empresarial do País Vasco e Navarra. Na actualidade, desenvolve un modelo de negocio especializado e centrado en empresas, pemes e xestión de patrimonios. Conta con 4.374 millóns de euros de volume de negocio, do que 1.788 millóns corresponden ao crédito á clientela, 1.575 millóns de euros a depósitos da clientela e 1.011 millóns son fondos fóra de balance.

A entidade destaca pola súa solvencia; rendibilidade; a calidade dos seus activos; a recorrencia e estabilidade nos seus ingresos, e pola atención próxima aos seus clientes. O persoal da entidade está formado por 257 profesionais moi cualificados e de experiencia contrastada. O equipo seguirá coa xestión do día a día do banco despois da integración. Prestan servizo a máis de 40.000 clientes particulares e empresas.

Reforzo no País Vasco

Coa adquisición de Bankoa, ABANCA reforzaría a súa presenza no País Vasco. A entidade galega multiplicaría por sete a súa presenza na comunidade, onde actualmente conta cunha rede de cinco oficinas.

ABANCA ten como obxectivo crecer nun dos territorios máis dinámicos de España. A comunidade vasca é a rexión española con mellor rating e o seu PIB per cápita é un 30% superior á media nacional.

Como parte da operación, ABANCA e Crédit Agricole tamén asinarían un acordo de colaboración comercial que permitirá aos clientes de Bankoa beneficiarse das capacidades de ambos os grupos tanto no mercado español como noutros países onde están presentes.

Bankoa ten o seu domicilio social en Donostia-San Sebastián (Guipúscoa) e dispón de 30 oficinas situadas maioritariamente no País Vasco, ademais de en Navarra, A Rioxa e Madrid, concentradas en contornas urbanas e en municipios con tecido empresarial.

Operación complementaria en rede e en negocio

A culminación da compra suporía un paso máis no proceso de crecemento de ABANCA, tras a integración de Banco Caixa Geral en marzo deste ano e da rede de Deutsche Bank PCB Portugal en xuño de 2019, e é complementaria co modelo e a estratexia de ABANCA.

Ademais de complementar e aumentar a súa rede, a compra reforzaría segmentos de negocio que son estratéxicos para ABANCA, como empresas e xestión de patrimonios, e achega potencial de crecemento en liñas como circulante, negocios, consumo e seguros. Outro aspecto de valor da operación para ABANCA é o incremento da súa presenza na cornisa cantábrica, unha prioridade do deseño estratéxico da entidade desde o seu nacemento en 2014.

Unha vez se alcance un acordo definitivo para a compravenda, iniciarase o proceso de obtención das autorizacións administrativas correspondentes. A partir de aí, comenzará a integración, campo no que acumula unha contrastada experiencia nos últimos anos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .