ABANCA súmase á campaña #COMPANIES4SDGs para difundir os ODS no ámbito empresarial
- A iniciativa arrincou este mes de outubro e desenvolverase ao longo dun ano
- ABANCA aliñará as súas liñas estratéxicas no ámbito da RSC con estes obxectivos globais aprobados por Nacións Unidas
ABANCA acaba de unirse á campaña de comunicación interna e voluntariado corporativo #COMPANIES4SDGs, que ten como obxectivo promover entre as empresas, os seus empregados e os seus grupos de interese o coñecemento dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) aprobados por Nacións Unidas en 2015 e tamén pautas de acción que contribúan a alcanzalos.
A iniciativa estenderase ao longo dun ano, de modo que cada mes traballaranse un ou dous dos 17 ODS. Cada unha das compañías que participan na campaña, 25 neste momento, porán en marcha acciones que permitan difundir o ODS correspondente entre o seu público, tanto interno como externo, co fin de que a cidadanía poida tomar conciencia de como é posible aplicar eses obxectivos globais na nosa contorna cotiá.
A campaña, que arrincou este mes de outubro co ODS ‘Fin da pobreza’ como protagonista, foi posta en marcha pola Rede Española do Pacto Mundial e Voluntariado e Estratexia co apoio de Impact 2030, a rede do sector privado que, en colaboración con Nacións Unidas, articula o voluntariado corporativo para a consecución dos ODS.
Os resultados obtidos polas accións que realicen todas as compañías involucradas presentaranse en setembro de 2018 na sede das Nacións Unidas en Nova York.
ABANCA súmase a esta campaña no marco da súa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa e aliñará as súas liñas de actuación neste ámbito para contribuír a alcanzar as metas establecidas na Axenda 2030.
Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) son un chamado universal á adopción de medidas para pór fin á pobreza, protexer o planeta e garantir que todas as persoas gocen de paz e prosperidade.
Foron aprobados o 25 de setembro de 2015 por un total de 193 países e configuran a columna vertebral da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, un plan de acción que busca mellorar a vida, de maneira sustentable, para as xeracións futuras. Ademais, proporciona orientacións e metas claras para a súa adopción por todos os países e axentes de acordo coas súas propias prioridades e os desafíos ambientais do mundo en xeral.