• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA transforma a súa oficina principal en Oviedo dotándoa de máis tecnoloxía e especialización

  • O novo centro, con máis zonas de atención personalizada e autoservicio, conta cun equipo de 7 persoas, entre os que figuran xestores especialistas en pemes, negocios e seguros

Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas co equipo da oficina de Oviedo

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a súa intervención

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O conselleiro delegado, Francisco Botas, durante a súa intervención

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

17-10-2018
Negocio

O presidente e o conselleiro delegado de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas, presentaron hoxe aos clientes de Oviedo as novas instalacións da oficina principal da entidade na cidade. A sucursal foi transformada para adaptala ao novo modelo comercial que o banco está a incorporar na súa rede comercial.

O local da rúa Uría, de case 400 metros cadrados repartidos en dúas plantas, foi reformado integramente para implantar o novo modelo de oficina que ABANCA está a incorporar na súa rede comercial. Con este novo deseño, a entidade pretende mellorar a calidade de servizo ao cliente a través dunha atención máis eficiente, áxil, personalizada e especializada.

Durante a súa intervención, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, destacou como unha das características fundamentais de ABANCA e do novo modelo de oficina o uso da tecnoloxía, “somos unha entidade que cre firmemente nas bondades do proceso de dixitalización que está a transformar xa tanto a sociedade en xeral como a economía en particular”.

Especialización

A nova oficina conta cun equipo de 7 profesionais, entre os que figuran xestores especializados en pemes, xestores de negocios e xestores previsión e planificación social. Ademais, no mesmo edificio tamén se integra a oficina de empresas, o que permite ofrecer unha atención máis personalizada e dar respostas adaptadas a cada segmento de clientes.

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, sinalou que “o obxectivo principal que buscamos con este novo modelo de oficina é mellorar a calidade de servizo para ofrecer aos nosos clientes a mellor experiencia na súa relación coa entidade”. A oficina principal de Oviedo, que será o centro de referencia da entidade en Asturias, conta con espazos máis abertos, modernos e transparentes, cun forte compoñente tecnolóxico e de imaxe. Carece de despachos, e os espazos adáptanse en función do servizo que se preste ao cliente.

O novo deseño contempla catro mesas de atención personalizada ao cliente e dúas salas de reunións, que outorgan unha maior privacidade. A oficina conta tamén cun posto de atención transaccional para a operativa en efectivo e as tarefas máis administrativas. Todo o equipo da oficina posúe tabletas Microsoft Surface, que permiten unha total mobilidade para dar unha mellor resposta ás demandas dos clientes. As novas instalacións albergan un caixeiro de última xeración para realizar operacións e están dotadas cunha rede WIFI gratuíta. Ademais, contan cun xestor de benvida, un dispositivo que acolle e informa o cliente para que, se o desexa, poida seleccionar a operación e profesional polo que desexa ser atendido.

ABANCA en Asturias

Con trece oficinas en Asturias, dúas delas centradas en empresas, ABANCA ofrece un servizo integral con produtos especialmente adaptados a empresas e particulares. No que vai de ano, ABANCA aumentou un 17,7% o seu investimento crediticio nesta comunidade autónoma. Asturias conforma, xunto con Galicia e León, a área principal de negocio de ABANCA, que aspira a converterse na entidade de referencia no norte peninsular.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .