• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA traslada ás confrarías do norte de Pontevedra o seu plan de crédito para mellorar a competitividade e sostibilidade do sector

  • O banco renova o acordo de colaboración que garante aos pósitos de Pontevedra e O Salnés e á Lonxa de Campelo o acceso a condicións especiais de financiamento
  • A entidade reforza a súa estratexia de apoio ao sector pesqueiro e marisqueiro con solucións financeiras adaptadas para cubrir necesidades como renovación de frota, diminucións de actividade ou anticipos de axudas por paros biolóxicos

Representantes das confrarías do norte de Pontevedra e de ABANCA, durante o encontro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Carmen Fernández e Javier Fraga (ao fondo) charlan cos representantes das confrarías de pescadores.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

28-06-2022
Negocio

ABANCA acordou un novo plan de apoio financeiro coas confrarías de pescadores do norte de Pontevedra e a Lonxa de Campelo. Este acordo garante aos profesionais integrados nestas organizacións sectoriais o acceso a unha oferta financeira con condicións especiais, adaptada ás necesidades da pesca e o marisqueo, e orientada a mellorar a súa competitividade e sustentabilidade.

Este marco de colaboración foi reactivado nun encontro celebrado esta tarde en Pontevedra, no que participaron a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, e representantes das confrarías de Pontevedra, Lourizán, Marín, Vilaboa, Campelo, Raxó, Sanxenxo, Portonovo, Vilanova, Vilaxoán, O Grove, A Illa, e Cambados, e da Lonxa de Campelo. Tamén participaron no acto o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, así como varios directores de zona e de oficinas, coordinadores de negocio e xestores da rede comercial de ABANCA na zona norte de Pontevedra.

Apoio financeiro integral e adaptado

A oferta financeira acordada con estas organizacións sectoriais pon o acento no acceso ao crédito en condicións melloradas, con produtos e solucións de crédito adaptados ás particularidades de cada colectivo e focalizados na súa mellora competitiva e a súa transición cara a un modelo máis sostible. Desta forma, ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, a unidade de negocio do banco especializada na cadea de valor do mar, pon ao dispor das confrarías do norte da provincia e da Lonxa de Campelo fórmulas flexibles de crédito para facilitar a renovación de frota e a construción de embarcacións e instalacións máis eficientes e con menor pegada nos ecosistemas, así como para investimentos sostibles. Entre outras opcións, destacan a hipoteca naval, que permite introducir prazos amplos ou carencias, en función das particularidades de cada operación; pólizas de crédito en condicións especiais para financiar as fases iniciais de construción de embarcacións, ou anticipos de financiamento sostible.

Do mesmo xeito, o banco ofrece outros produtos específicos para dar resposta a necesidades particulares destes colectivos, como pólizas de crédito que permiten paliar as consecuencias de paros biolóxicos no sector pesqueiro, caídas de produción no sector armador ou o cesamento ou diminución de actividade marisqueira. Os protocolos asinados tamén garanten o acceso a outros produtos, como préstamos persoais a medida para o sector, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, Confir-MARSerás redirixido a outro sitio web, avais ou liñas de desconto.

Neste marco de colaboración inclúense, ademais, opcións de aseguramento para os profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro representados polas organizacións asinantes, así como solucións de financiamento a través dos convenios oficiais que ABANCA mantén co ICO, as sociedades de garantía recíproca (SGR) galegas ou a Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria (Saeca).

Acceso ás axudas europeas

Ademais de referendar os acordos de colaboración que unen á entidade con estes colectivos e dar a coñecer as novidades do plan de apoio financeiro, este encontro serviu tamén para poñer en común os desafíos actuais do sector e establecer novas vías de traballo conxunto. Neste sentido, os representantes de ABANCA explicaron que unha das liñas de actuación prioritarias no banco é o apoio ao tecido produtivo para facilitarlle o acceso ás axudas dos fondos europeos de recuperación Next Generation EU.

A través das unidades especializadas Next Generation ABANCA e ABANCA Mar, a entidade financeira apoia aos clientes tanto no deseño das súas propostas (facilitando o acceso á información, axudando na selección de proxectos e asesorando financeiramente), como na canalización dos recursos (con financiamento a longo prazo e anticipada). Entre as últimas iniciativas impulsadas polo banco neste ámbito destaca a organización dunha xornada divulgativa sobre o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) do sector agroalimentario, coa participación de Next Generation ABANCA, Analistas Financeiros Internacionais (AFI) e a Unidade de Seguimento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .