• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA triplica o seu negocio de banca privada desde o relanzamento da súa unidade especializada en 2019

  • O impulso ao segmento de banca privada inscríbese na estratexia de crecemento de ABANCA no negocio de fóra de balance
  • ABANCA Privada, que conta con preto de 100 profesionais en toda España, celebrou en Santiago un encontro comercial

De esquerda a dereita no centro da imaxe, o director xeral comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o director de Banca Privada, Javier Rivero.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

20-11-2023
Negocio

O equipo de Banca Privada de ABANCA celebrou en Santiago de Compostela, coa participación do conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, un encontro comercial no que se repasaron os fitos alcanzados nos últimos anos neste segmento de negocio e se fixaron a estratexia e obxectivos para os seguintes, nos que o banco quere dar continuidade á súa traxectoria de crecemento no segmento iniciada en 2019.

O conselleiro delegado, Francisco Botas, repasou os retos que presenta o escenario económico actual, marcado por unha certa desaceleración nos ritmos de crecemento, e sinalou os logros conseguidos pola unidade de Banca Privada de ABANCA. “Estamos a crecer en equipo e capacidades comerciais, e demos un salto importante en número de clientes e negocio. O noso obxectivo debe ser situarnos como entidade de referencia en banca privada”, manifestou.

ABANCA Privada, a unidade especializada de ABANCA no segmento de clientes de banca privada, multiplicou por 2,8 os seus activos baixo xestión e por 3,1 o seu número de clientes entre 2019 e 2023.

“Formar parte dun grupo como ABANCA ofrécenos oportunidades para seguir crecendo nos próximos anos a través do aproveitamento das sinerxias existentes con outras unidades. Outras prioridades que imos abordar son a culminación da nosa plataforma internacional e o reforzo das capacidades de asesoramento do noso equipo, dous piares fundamentais da nosa estratexia”, destacou Javier Rivero, director de Banca Privada de ABANCA.

Novos lanzamentos e capacidades

O crecemento do negocio de banca privada de ABANCA fundaméntase nun amplo plan de desenvolvemento das súas capacidades comerciais con especial énfase no equipo e o portfolio de produtos de investimento.

No ámbito do equipo, ABANCA reforzou a súa unidade de banca privada coa chegada de profesionais de alto valor. Desde 2019, un total de 47 banqueiros privados incorporáronse á entidade. ABANCA reforzou así mesmo a súa rede de centros de banca privada, na actualidade 22, distribuídos polas principais cidades de toda España.

Doutra banda, ABANCA realizou seis lanzamentos de produtos de carácter alternativo que ofrecen aos seus clientes de privada novas opcións de investimento no actual contexto de mercados, todas elas en alianza con marcas de prestixio.

A potenciación da actividade de banca privada inscríbese na estratexia de crecemento do negocio de fóra de balance desenvolta por ABANCA nos últimos anos. A peche de setembro, o banco alcanzou os 13.402 millóns de euros en recursos fóra de balance, cun crecemento interanual do 13,7%. O servizo de Xestión Discrecional de Carteiras, dispoñible para clientes de ABANCA Privada e ABANCA Persoal, supera os 1.300 millóns de euros en patrimonio xestionado.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .