ABANCA visita o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol para recoñecer o traballo dos sanitarios
- O encontro serviu para coñecer a contribución dos equipos doados pola entidade á xestión da pandemia no hospital
ABANCA visitou esta mañá as instalacións do Hospital Arquitecto Marcide, do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. A visita foi realizada por Gerardo Fuertes, director territorial de ABANCA na Coruña, quen mantivo un encontro con Ángel Facio, xerente da Área Sanitaria de Ferrol.
A visita tivo por obxectivo recoñecer o traballo realizado polos profesionais sanitarios da Área Sanitaria de Ferrol na súa loita contra o COVID-19, así como interesarse pola situación sanitaria actual.
O encontro serviu así mesmo para coñecer a contribución realizada a ese esforzo polos equipos sanitarios doados por ABANCA á Área Sanitaria de Ferrol, e ao resto de centros do SERGAS, para reforzar as súas capacidades fronte ao COVID-19.