• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Afundación e ABANCA presentan un programa para concienciar sobre a importancia de conservar o medio e os océanos

  • Desenvolverase durante todo o mes de xuño e inclúe actividades dirixidas a todos os públicos, conferencias, coloquios, exposicións, recreacións virtuais ou obradoiros, entre outros
  • «Comprometidos co Medio e os Océanos» está aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible «Vida Submarina» (ODS 14) e «Acción polo clima» (ODS 13) e poderá seguirse en directo en Afundación en casa
  • Estas accións enmárcanse no compromiso de ABANCA e Afundación a prol dun modelo sostible que permita contribuír ao equilibrio económico, social e ambiental da súa contorna

Afundación e ABANCA presentan un programa para concienciar sobre a importancia de conservar o medio e os océanos.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-05-2020
RSC Sostenibilidad

ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, impulsarán durante todo o mes de xuño un intenso programa de actividades de promoción da sustentabilidade, co gallo da celebración do Día Mundial do Medio, o vindeiro venres 5 de xuño, e do Día Mundial dos Océanos, o luns 8 de xuño. Estas datas son parte do calendario de Nacións Unidas, que ten por obxectivo concienciar a sociedade sobre a contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e, neste caso, chamar á participación con actuacións sobre o ODS 13, «Acción polo Clima», e do ODS 14, «Vida Submarina». O programa enmárcase no compromiso de ABANCA e Afundación a prol dun modelo sostible que permita contribuír ao equilibrio económico, social e ambiental da súa contorna, un compromiso os 365 días do ano para mellorar a sociedade e fomentar o desenvolvemento integral de todas as persoas que somos parte dela.

A programación, que comezará o vindeiro luns, 1 de xuño, e que se poderá seguir en directo no portal Afundación en casaSerás redirixido a outro sitio web, está dirixida a públicos de todas as idades e inclúe ciclos de conferencias, coloquios, exposicións, recreacións virtuais, talleres ou proxeccións, entre outros, co obxectivo de concienciar, mobilizar e unir ao redor da acción ambiental e da xestión sostible dos océanos. María Mendiluce, integrante do Comité de Dirección do Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sostible (WBCSD) e CEO de We Mean Business, unha das organizacións máis influentes nas relacións de medio ambiente e clima e política de empresas, abrirá o ciclo de conferencias «Comprometidos co Medio e os Océanos», o luns 1 de xuño ás 17.00 h, co relatorio «O liderado empresarial para o desenvolvemento sostible tras COVID-19», no que analizará como o coronavirus está a afectar as grandes tendencias globais, os obxectivos de desenvolvemento sostible e as grandes prioridades ante o cambio climático, e cal debe ser a resposta empresarial e gobernamental.

Durante todo o mes, profesionais e profesores de prestixio no ámbito nacional e internacional, impartirán sesións virtuais gratuítas en vivo e en directo a través de conferencias, presentacións, coloquios e entrevistas. Así, o secretario xeral da Confederación Española da Pesca, Javier Garat, falará sobre a «Contribución da pesca aos océanos sostibles: a visión do sector pesqueiro internacional»; Nieves Cifuentes, responsable corporativa de Medio Ambiente e Sostibilidade de Naturgy, abordará o 5 de xuño «Cara á enerxía do futuro: do homo sapiens á economía circular».

Ademais, baixo o epígrafe «Innovación para un océano sostible», científicos de diferentes áreas de investigación do Instituto Español de Oceanografía (IEO) ofrecerán a súa perspectiva sobre as ameazas ás que se enfrontan os océanos e as posibles solucións para unha mellor sostibilidade desde un punto de vista ambiental e socioeconómico. Así mesmo, no coloquio «Mulleres do mar» ofrecerase a perspectiva de tres profesionais do sector: a presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca, Rita Míguez de la Iglesia; a mariñeira e pescadora, Jenifer Suárez Silva; e a responsable da área de Socioeconomía da Pesca do CETMAR Vigo, Rosa Chapela Pérez. A inscrición para as distintas sesións en directo pode realizarse aquíSerás redirixido a outro sitio web.

A programación inclúe, tamén, a estrea da exposición virtual «O mar nas coleccións de arte ABANCA e Afundación». Integrada por 50 obras de 28 artistas que interpretan o mar e os océanos desde distintas perspectivas, móstrase, nun novo espazo, unha galería de arte virtual para o século XXI que ten como obxectivo presentar ao público as posibilidades das novas tecnoloxías aplicadas á arte e á cultura.

Por outra banda, en Afundación en casa e dentro deste programa «Comprometidos co Medio e os Océanos», poderase visitar un mapa interactivo que recrea virtualmente unha estimación, baseada en proxeccións de datos a escala global procedentes de estudos científicos, da elevación do nivel do mar en distintos puntos da península ibérica no ano 2100.

Así mesmo, o equipo do Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación, Naturnova, centro que tamén se pode visitar virtualmente, deseñou obradoiros para poñer en práctica en familia nos que se poderán facer tres experimentos: «Correntes mariñas», «Contaminación dos océanos» e «Choiva aceda». Igualmente, dentro do mesmo obxectivo didáctico e de concienciación que transcende a toda a programación, promoverase, con distintas accións de visibilización, un decálogo de boas prácticas que cada persoa de maneira individual pode implementar para coidar o medio ambiente e os océanos.

Comprometidos coa sostibilidade

ABANCA e a súa Obra social, Afundación, desenvolven a través da súa actividade unha estratexia de sostibilidade que promove un modelo que contribúa ao equilibrio económico, social e ambiental da súa contorna.

ABANCA é o primeiro banco español en adherirse aos Principios de Investimento Responsable de Nacións Unidas e, en consecuencia, guíase por criterios ambientais, sociais e de goberno corporativo na realización de operacións nos segmentos de servizos e produtos de investimento e seguros. Ademais, a entidade xa se sumou en setembro de 2019 aos Principios de Banca Responsable (como signatario fundador) e ao Compromiso Colectivo para a Acción Climática, instrumentos nados da Iniciativa Financeira do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP FI). Con anterioridade, ABANCA integrouse na Rede Española do Pacto Mundial e incorporara á súa actividade e modelo de xestión os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas.

Seguindo as premisas establecidas por este marco de actuación, o banco puxo en marcha nos últimos anos distintas iniciativas para promover a sostibilidade tanto na súa actividade como na súa contorna. Algúns exemplos diso son o lanzamento do servizo de xestión de carteiras Alpha Responsable, conformado con fondos de investimento que atenden a criterios de sostibilidade, a participación en proxectos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima, o apoio a proxectos empresariais de enerxías renovables, a aplicación de políticas de crecemento da carteira de clientes e proxectos de categoría green, a redución da pegada de carbono, de consumo enerxético e de papel, o uso de enerxía procedente de fontes renovables, a creación dun Código Ético e de Conduta para os seus empregados, e o lanzamento dunha Política de Sostibilidade e da súa Política Enerxética e Ambiental.

Afundación, a través do seu programa de voluntariado ambiental levou múltiplas accións de reforestación dos montes galegos, así como a erradicación de especies invasoras ou a limpeza de bosques e praias. Ademais, o Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE), da Obra Social ABANCA, foi a primeira institución de ámbito universitario en Europa integrada na UNEP FI (United Nations Environment Programme Finance Initiative), en calidade de institución de soporte, para a dinamización da sostibilidade en todos aqueles contextos vinculados coas finanzas e o mercado nos que poidan ter impacto as accións de IESIDE: a formación, investigación e seguimento da actualidade dos mercados financeiros de forma que se garantan unhas finanzas sostibles.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .