• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Alberto Olmos Serrano gaña a XLV edición do Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba

  • O xurado, cuxo ditame deu a coñecer o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, subliñou do seu artigo «Madrid se viene abajo: vivir en el cuarto de las fregonas», publicado en El Confidencial, a vixencia e pertinencia temática, así como o recurso ao humor a través dunha sobresaínte calidade literaria
  • O presidente de ABANCA e patrón de Afundación, Juan Carlos Escotet, destacou o esforzo por honrar o bo xornalismo a través de Julio Camba, cuxa vixencia medrou

De esquerda a dereita, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, e o gañador do XLV Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba, Alberto Olmos

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Foto de familia do presidente de ABANCA, o presidente de Afundación e o presidente do xurado, cos outros membros do xurado e as tres persoas finalistas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Juan Carlos Escotet Rodríguez durante a súa intervención na apertura da gala de entrega.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

16-01-2025
RSC

Alberto Olmos Serrano incorpórase desde hoxe á relación de xornalistas e profesionais das letras que, desde 1980, mereceron o Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba, un certame concibido para distinguir a calidade dos artigos literarios e de opinión publicados en cabeceiras recoñecidas en lingua castelá. O premio está dotado con 10 000 euros e unha figura do xornalista Julio Camba inspirada nunha caricatura de Siro López. Esta é a edición máis concorrida da historia con máis de 241 candidaturas de 18 países, o que implica un incremento de participación dun 80 % con respecto ao ano pasado, e que consolida a vocación internacional do premio, que conta entre a súa nómina de sinaturas premiadas coas grandes rúbricas da prensa española.

O galardón entregouse na Casa de América en Madrid no transcurso dunha gala retransmitida en directo a través de Afundación TV que contou con representantes dos principais colectivos de xornalistas da cidade e de España, anteriores premiados e premiadas, escritores e informadores de recoñecido prestixio españois e latinoamericanos, e profesionais da cultura e da universidade.

O xurado do XLV Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba, cuxo ditame deu a coñecer o presidente da Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, destacou de «Madrid se viene abajo: vivir en el cuarto de las fregonas» a súa «vixencia e pertinencia temáticas que, cun estilo de moi alta calidade literaria, sabe atopar o ton humorístico que ofrece o contrapunto a unha cuestión social de plena actualidade». Como finalistas figuran Natalia Junquera Añón (A Coruña), polo seu artigo en El País titulado «Eternamente jóvenes»; e Eileen Truax (Cidade de México), polo escrito «Define blanco. Define negro. Define latino», publicado en Revista 5W.

Nesta edición, o xurado estivo presidido polo escritor e académico da RAE José María Merino e o seu secretario foi o director de Comunicación de ABANCA, Isaac González Toribio. Actuaron como vogais a xornalista e escritora Cristina Sánchez Andrade, o director da Fundación Gabo, Jaime Abello Banfi, a escritora e veterinaria María Sánchez, gañadora do certame en 2024, e o tamén escritor e xornalista Ramón Pernas. Tras a súa decisión, acordada por maioría, o xurado quixo facer fincapé na extraordinaria valía de todos os textos concorrentes.

O presidente de ABANCA e patrón de Afundación, Juan Carlos Escotet Rodríguez, afirmou durante a súa intervención que «este galardón é un digno esforzo para revisitar a inmensa valía de Camba e, asemade, honrar o bo facer do xornalismo literario e de opinión». Ademais, reivindicou que «a vixencia de Camba medrou» co paso do tempo, como o demostra «a notable traxectoria deste premio, os numerosos títulos e sucesivas edicións, a rapidez con que o seu nome se invoca cando chega o momento ―que sempre chega― de falar dos grandes xornalistas en lingua española, do século XX».

Corenta e cinco anos de grandes nomes

Alberto Olmos Serrano incorpórase unha relación de premiadas e premiados da que tamén forman parte Luciano del Río Besada, Carlos García Bayón, Alfredo Conde, Bernardo Víctor Carande, Antonio Odriozola, Raimundo García Fernández, Adolfo Prego, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Julio Sierra, Xesús Ferro Ruibal, Arturo Lezcano Fernández, Santiago Castelo, Torcuato Luca de Tena, Carlos Casares, Miguel Ángel Cuadrado, Juan Manuel de Prada Blanco, Diego Bernal López, Alfonso Eire López, César Casal González, Miguel Suárez Abel, Manuel Rivas Barros, Manuel Jabois Sueiro, Marino Gómez Santos, Eugenio Fonte, Fernando Savater, Felipe Benítez Reyes, Andrés Trapiello, Pedro Ugarte Tamayo, Ángela Vallvey Arévalo, Ramón Pernas López, José Manuel Otero Lastres, Ángeles Caso, Luis Ventoso, Ignacio Camacho, Ramón Loureiro Calvo, Miguel Anxo Murado, Ricardo Fernández Colmenero, Cristina Sánchez Andrade, Luis Pousa, Bibiana Candia, Manuel de Lorenzo Paradela e María Sánchez, gañadora da pasada edición.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .