Arrinca a campaña de doazón de xoguetes de ABANCA para nenos de familias con menos recursos
• As doazóns poderanse realizar entre os días 11 e 22 de decembro en dous locais que a entidade habilitará en A Coruña e Vigo
• Cáritas e Aldeas Infantiles serán as organizacións encargadas de repartir os xoguetes ás familias que máis o necesiten
• ABANCA habilitará un número de conta solidario no que se poderán realizar achegas destinadas a mercar máis xoguetes
ABANCA Obra Social pon en marcha a campaña ‘A ilusión crece cando se comparte’ por cuarto ano consecutivo para recoller xoguetes en beneficio das familias máis desfavorecidas este Nadal. Para facilitar as doazóns, a entidade habilitará dous locais na Coruña (Rúa Real, 71) e en Vigo (Gran Vía, 5), que permanecerán abertos do 11 ao 22 de decembro.
Os xoguetes recibidos serán doados a Cáritas na Coruña e a Aldeas Infantiles en Vigo, que serán as organizacións encargadas de repartilos entre os nenos e nenas das familias con menos recursos. Todos os xoguetes doados deben ser novos e estar empaquetados.
Os locais permanecerán abertos en horario de 10.30 a 13:30 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Ambos estarán administrados por empregados e empregadas de ABANCA que participan no programa de voluntariado corporativo da entidade.
Conta solidaria
Para todo aquel que desexe colaborar e non teña a oportunidade de desprazarse ata os locais, ABANCA habilitará un número de conta para realizar doazóns: ES80 2080 7208 3385 3000 7122. Todo o diñeiro recadado irá destinado a comprar xoguetes que se entregarán a ambas as ONGs.