• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

As coleccións de ABANCA e Afundación protagonizan a exposición 'Galicia Universal' que acollerá o Gaiás de marzo a outubro

  • A mostra reúne 194 obras dos artistas galegos máis relevantes desde o primeiro terzo do século XIX até hoxe
  • O conselleiro de Cultura anuncia que será “a exposición máis ambiciosa realizada nos últimos anos sobre arte galega”
  • Miguel Ángel Escotet asegura que suporá “unha oportunidade única para facilitar o acceso a toda a sociedade ao patrimonio artístico de ABANCA e Afundación”.

De esquerda a dereita, Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, e Pedro Otero, director xerente de Afundación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Ana Isabel Vázquez Reboredo, directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, e Pedro Otero, director xerente de Afundación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

13-12-2017
RSC

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCASerás redirixido a outro sitio web e presidente de AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web, Miguel Ángel Escotet, anunciaron esta mañá que o Museo Centro GaiásSerás redirixido a outro sitio web da Cidade da Cultura acollerá do 16 de marzo ao 14 de outubro de 2018 a exposición ‘Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación’.

A mostra presentará 194 obras das coleccións de ABANCA e Afundación, unha escolla de pinturas, esculturas, fotografías e instalacións dos artistas galegos máis relevantes desde o primeiro terzo do século XIX até hoxe, con nomes como Pérez Villaamil, Serafín Avendaño, Sotomayor, Castelao, Maside, Souto, Colmeiro, Laxeiro, Lugrís, Seoane, Maruja Mallo, Jorge Barbi, Manolo Paz, Francisco Leiro, Menchu Lamas ou Antía Moure, entre outros.

Román Rodríguez agradeceu a ABANCA e Afundación a súa colaboración nunha exposición que describiu como “a máis ambiciosa realizada nos últimos anos sobre arte galega” e na que o público constatará a relevancia de Galicia como “foco artístico durante os últimos douscentos anos, cunha comunidade de creadores apegados ás raíces, pero conectados cos movementos do panorama internacional”.

Miguel Ángel Escotet enmarcou a exposición “no compromiso de ABANCA e Afundación coa cultura galega” e manifestou que a mostra representa “unha oportunidade única para acercar á cidadanía estas coleccións artísticas, as pinacotecas máis importantes de Galicia pola calidade e variedade dos seus fondos”. “As 194 obras que reúne a exposición reflicten con claridade a magnitude da mostra, que exhibirá por vez primeira un amplo e irrepetible mosaico do mellor da arte galega”, subliñou o director xeral de RSCSerás redirixido a outro sitio web e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación.

Programa de actividades

A exposición contará cun programa de actividades e visitas guiadas e didácticas co fin de contribuír á difusión das obras, cunha especial atención á comunidade escolar, pero tamén aos amantes da arte, co obxectivo de incrementar a afluencia de turismo cultural.

O atractivo da exposición virá reforzado polo deseño da montaxe, a cargo do recoñecido estudo galego de arquitectura Abalo e Alonso, que están a desenvolver un proxecto para realzar o valor singular das pezas e establecer un diálogo harmónico coa potencia visual do Museo Centro Gaiás.

O catálogo da exposición, en galego, castelán e inglés e editado polo estudo galego Desoños, representará unha obra de referencia para o coñecemento da arte galega, que permanecerá máis alá da clausura da exposición.

A exposición organiza as obras seguindo un criterio temático, no que as pezas se agrupan ao redor de cuestións como a cultura popular, a presenza da muller na arte, o compromiso social, a paisaxe, o retrato, a tradición e renovación ou os movementos da nova arte galega.

A través deste discurso, ‘Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación’ permite comprender como a construción da arte galega é o resultado de dous factores: do compromiso dos artistas coa identidade e, por outra banda, da súa vocación de universalidade, reflectida na ligazón coas tendencias e movementos internacionais.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .