As obras de Joan Miró da Colección ABANCA reciben máis de 23.000 visitas no Museo de Bellas Artes de Asturias
- A pinacoteca asturiana acolle estas dúas pinturas do xenio catalán até o próximo 11 de outubro no marco do seu programa La Obra Invitada
- O programa didáctico organizado para dar a coñecer en profundidade os cadros inclúe visitas guiadas para familias, invidentes e público adulto os días 4, 6 e 11 de outubro, respectivamente
Un total de 23.312 persoas visitaron no Museo de Bellas Artes de Asturias as dúas obras de Joan Miróda Colección ABANCA que protagonizan o programa La Obra Invitada desde o pasado 15 de xullo. Trátase das pinturas Tête d’homme III e Tête, Oiseaux, realizadas polo creador catalán con máis de catro décadas de separación, que permiten revisar unha parte da súa dilatada traxectoria, así como afondar nun universo repleto de signos cos que o artista buscou plasmar unha realidade absoluta na que o mundo interior foi tan importante como a realidade externa.
Na montaxe expositiva deseñada pola pinacoteca asturiana con motivo deste préstamo, as obras de Joan Miró non só dialogan entre elas, evidenciando dous momentos creativos distintos do artista, senón tamén con outras pinturas procedentes da colección permanente do Museo de creadores contemporáneos ao xenio catalán, como Pablo Picasso, María Blanchard, Salvador Dalí, Joaquín Torres García o Tsuguharu-Léonard Foujita.
Co obxectivo de que o público interesado poida coñecer en maior profundidade estas dúas obras do fondo artístico do banco, que se poden contemplar por primeira vez no Principado, o Museo de Bellas Artes de Asturias organizou un programa de actividades, adaptado á situación sanitaria actual, destinado a nenos, familias e adultos.
Neste marco, realizáronse até o momento oito visitas para adultos, en grupos reducidos para garantir as medidas de seguridade, e están previstas outras tres actividades antes da clausura da mostra, o día 11 de outubro. A primeira será unha visita para familias o vindeiro domingo 4 de outubro, na que tanto pais e nais como nenos e nenas poderán gozar das obras de Mirou desde un punto de vista á súa medida. A actividade está deseñada para que, ademais de aprender, non falte a diversión e o entretemento.
A continuación, o martes 6 de outubro, realizarase unha visita guiada accesible para un grupo de persoas con problemas de visión. Nestas actividades combínanse a audiodescrición e os percorridos táctiles para poder describir en profundidade as obras utilizando sentidos como o oído ou o tacto.
Finalmente, o domingo 11 de outubro, día de clausura, está prevista unha nova e última visita para público adulto.
Todas estas actividades son gratuítas e só é necesario realizar unha inscrición previa para poder controlar o aforo a través do teléfono do Museo: 985 21 20 57 ou enviando un correo ao enderezo electrónico visitantes@museobbaa.com.