B100 lanza a súa primeira tarxeta de crédito, coa que multiplica o seu impacto no planeta
- A Visa Pay to Save Plus case triplica con cada pago a doazón que a entidade destina á loita contra a contaminación dos mares e océanos
- A tarxeta, de plástico reciclado e pola que os clientes non pagarán comisións de mantemento nin emisión, permite pagar a fin de mes sen intereses ou en diferentes prazos
- Unha tarxeta que permite pagar e retirar diñeiro no estranxeiro sen comisión algunha por tipo de cambio

Tarxeta Visa Pay to Save Plus de B100
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
B100, a marca de banca dixital de ABANCA, conta xa cunha tarxeta de crédito no seu catálogo de produtos no que supón a súa entrada na categoría de entidades comercializadoras de produtos de financiamento.
Tan só unhas semanas despois de presentar Off to Save, o seu novo método de aforro saudable vinculado á desconexión de redes sociais, o Healthy Banking de ABANCA volve aumentar a súa oferta cun produto que amplía as opcións de pago dos seus clientes.
“Ademais de diferentes alternativas de aprazamento, o que a fai realmente diferente é o seu impacto, xa que chega case a triplicar a achega que facemos ao noso proxecto ambiental con Gravity Wave”, explica Jorge Mahía,director executivo de B100.
B100 continuará renunciando a un 25% dos ingresos xerados polo uso desta tarxeta, como xa sucede coa súa versión de débito, a Pay to Save. “As tarxetas de crédito xeran unha taxa de intercambio maior, así que o impacto do noso proxecto de limpeza dos océanos poderá tamén multiplicarse, e sen que lle custe absolutamente nada ás nosas clientas e clientes”, amplía Mahía.
A tarxeta, que se ofrece aos clientes que se axustan ao perfil de risco da entidade e que poden contratar directamente desde a app, nun proceso de apenas uns clicks, aumentará a cantidade de plástico que B100 recupera do mar en colaboración con Gravity Wave, unha organización alacantina coa que leva colaborando desde o inicio do proxecto.
Sen comisións nin condicións
Do mesmo xeito que as Contas B100, Save e Health e a tarxeta de débito Pay to Save, a nova tarxeta de crédito de B100 non ten comisións de mantemento nin emisión, nin está suxeita a ningunha condición nin compromiso de número mínimo de compras ou importe gastado.
A Visa Pay to Save Plus ofrece unha opción de pago a fin de mes tamén sen intereses nin comisións, ademais das habituais alternativas de fraccionamento de pago (3, 6, 9 e 12 meses), cunhas TAEs entre as mellores do mercado. Tan fácil como seleccionar o pago que queres aprazar e o prazo do financiamento.
Toda a información do produto está deseñada para adaptarse ao modelo de banca mobile only da entidade, con todo tipo de información despregada na app, así como notificacións push, extractos de gastos etc.
B100, a opción para viaxar
A nova tarxeta de crédito de B100 aumenta as vantaxes que a entidade ofrece ás persoas afeccionadas a viaxar: ademais de carecer de comisión de cambio de divisa ao sacar diñeiro ou pagar en comercios no estranxeiro, como a versión de débito, Visa Pay to Save Plus conta con seguros especiais para viaxeiros, o que a converte nunha das mellores opcións para este tipo de persoas.