Bankoa ABANCA e Deusto Bizirik colaboran para reforzar a hostelería e o comercio de proximidade
- A entidade financeira ofrece á agrupación empresarial un catálogo específico que facilita o acceso ao crédito ao pequeno e mediano comercio
- O banco e os comerciantes deseñan e crean alternativas para mellorar a competitividade dos negocios
Bankoa ABANCA e Deusto Bizirik asinaron un acordo de colaboración que ten como obxectvo principal apoiar á hostelería e comercio de proximidade de Deusto, facilitando o acceso ao crédito ao pequeno e mediano comercio para así mellorar a competitividade dos negocios.
O acordo foi asinado esta mañá en Bilbao polo director de zona de Bankoa ABANCA en Bizkaia, Francisco José Romanillo Gandarillas, e a presidenta de Deusto Bizirik, Julia Diéguez Pérez. Ao acto tamén asistiu o director da oficina de Bankoa ABANCA de Bilbao-Deusto, Julio Álvarez Iglesias. Os representantes aproveitaron a rúbrica do acordo para conversar e compartir impresións sobre a situación económica actual e os retos aos que se enfrontan o comercio e a hostelería local.
Tras a firma deste convenio, os empresarios adheridos terán acceso a unha serie de vantaxes, entre as que destaca un plan de financiamento creado pola entidade e a agrupación empresarial para dar resposta ás necesidades do colectivo. No acordo detállanse unha serie de produtos e servizos específicos para a realización de inversións e o reforzo da competitividade dos negocios adheridos. Deste modo, poderán acceder a produtos deseñados especificamente, como préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.
Para adaptarse ás necesidades diarias da actividade dos establecemientos locais, o acordo recolle outros produtos e servizos, como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring. As persoas asociadas tamén poderán beneficiarse de diferentes liñas de financiamiento oficial que Bankoa ABANCA ten subscritas con diversos organismos públicos.
As persoas que forman parte de Deusto Bizirik poderán aproveitar as condicións melloradas na contratación de dispositivos TPV físicos e virtuais e dun 20% de desconto na creación da tenda online. Tamén poderán acceder ao Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais e dispoñer de avanzados servizos de banca a distancia, como a Banca Móbil, a Banca Electrónica, o Bróker Online ou solucións como ‘Appúntame’ para a xestión de cobros fixos periódicos.
Deusto Bizirik agrupa a 250 comercios e establecementos de servizos e hostelería do distrito de Deusto, en Bilbao, co obxectivo de promover a súa actividade económica e ofrecer servizo e soporte técnico, de asesoramento e formación ás empresas que conforman a agrupación. Bankoa ABANCA é actualmente referente no sector bancario español pola súa capacidade para adaptarse ás necesidades dos seus clientes. A través da súa ampla rede de oficinas, ofrece solucións innovadoras e personalizadas cunha ampla gama de produtos e servizos financeiros, tanto para empresas como para particulares.