Bankoa ABANCA e o Colexio de Médicos de Gipuzkoa reimpulsan a súa colaboración con novas opcións de crédito
- As dúas entidades asinan un convenio que permite aos colexiados e ás súas familias acceder á oferta a medida creada pola entidade financeira
- As opcións de asesoramento medran ao incorporar o catálogo de produtos e servizos de ABANCA Persoal e ABANCA Seguros
Bankoa ABANCA e o Colexio Oficial de Médicos de Gipuzkoa renovan a súa colaboración co obxectivo posto en axustarse ás necesidades dos colexiados e das súas familias. A entidade financeira recolle así as principais demandas deste colectivo e activa unha proposta integral con solucións de crédito, pero tamén con alternativas especificamente deseñadas de investimento e seguros.
O novo convenio foi renovado na sede do Colexio en Donostia-San Sebastián polo director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez Garrido, e polo presidente do Colexio Oficial de Médicos de Gipuzkoa, Manuel García Bengoechea. Ao acto tamén asistiu o presidente da Fundación del Colegio Oficial de Médicos de Gipuzkoa, Ignacio Eizaguirre Sexmilo. Logo da sinatura, as dúas entidades aproveitaron para abordar os retos aos que se enfronta o colectivo tras a pandemia e impulsar fórmulas de colaboración unha vez remate a crise sanitaria.
Coa renovación do convenio de colaboración, as dúas entidades facilitan o acceso a alternativas de crédito adaptadas a cada profesional. Entre as opcións máis recorrentes, a entidade bancaria activa préstamos persoais e hipotecarios ou o leasing mobiliario, todos eles con longos prazos de amortización, posibilidade de incluír carencias e xuros moi competitivos. As necesidades máis perentorias tamén teñen resposta no texto recentemente renovado, a través de pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, confirming ou factoring.
Pero as alternativas de crédito tamén inclúen outros posibles destinos como a formación e o desenvolvemento profesional. Así, os colexiados e os seus descendentes poderán acceder a préstamos para a realización de programas formativos en universidades e centros de formación públicos e privados.
A medida das necesidades de investimento
Este convenio tamén permite o acceso ao servizo de Banca Persoal da entidade, pensado para ofrecer cobertura ás necesidades persoais e familiares dos colexiados grazas a unha unidade especializada destinada a ofrecer un servizo integral de asesoramento e xestión. En particular para os colexiados, Bankoa ABANCA dispón de fondos de investimento adaptados ao seu perfil de risco, así como un depósito combinado con fondos de investimentoSerás redirixido a outro sitio web. Todo iso sen esquecer o asesoramento especializado en xubilación. Unha atención personalizada que se suma a importantes bonificacións por achegas extraordinarias ou transferencias de plans de pensións.
Os seguros tamén son protagonistas no novo texto, que recolle os diferentes produtos do amplo catálogo do banco. Ademais, recóllese especificamente a Tarifa Plana de Seguros da entidade financeira, que permite agrupar os seguros contratados na entidade bancaria para dividir mensualmente as cotas. Todo isto sen xuros nin comisións e coa posibilidade de obter ata un 7% de bonificación.
Estreita colaboración coa Fundación COMGI
Ademais do convenio económico para os socios, Bankoa ABANCA mantén unha estreita vinculación coa Fundación COMGISerás redirixido a outro sitio web e forma parte do seu padroado. Nos últimos anos, esta colaboración permitiu realizar todo tipo de actividades formativas dirixidas aos profesionais da medicina, como cursos, obradoiros ou accións de actualización e reciclaxe profesionais. Ademais, a Fundación COMGI concede anualmente axudas económicas a proxectos de cooperación internacional liderados por colexiados e os Premios Fundación COMGI, cuxo obxectivo é poñer en valor o traballo tanto dos estudantes de Medicina como dos investigadores e divulgadores da profesión médica.