Bankoa ABANCA e o Foro Marítimo Vasco renovan a súa colaboración e impulsan a sostibilidade do sector en Euskadi con financiamento a medida
- A entidade financeira pon a disposición do clúster unha serie de solucións de crédito para abordar retos estratéxicos como a renovación da frota ou o impulso da sostibilidade
- O banco pon a súa unidade ABANCA Mar a disposición dos armadores, estaleiros e industria auxiliar que conforman o Foro Marítimo Vasco
![20241204-convenio-foro-maritimo-vasco-2 O director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e a directora xerente do Foro Marítimo Vasco, Sarai Blanc](http://comunicacion.abanca.io/img/internas/20241204-convenio-foro-maritimo-vasco-2-9b147b2e.jpg)
O director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e la directora xerente do Foro Marítimo Vasco, Sarai Blanc, durante a firma.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
![20241204-convenio-foro-maritimo-vasco O director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e a directora xerente do Foro Marítimo Vasco, Sarai Blanc](http://comunicacion.abanca.io/img/internas/20241204-convenio-foro-maritimo-vasco-3f2aaa57.jpg)
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Bankoa ABANCA e o Foro Marítimo Vasco renovaron, un año máis, o seu xa histórico convenio de colaboración. A través deste acordo consolidan unha alianza clave para a industria marítima do País Vasco con diferentes alternativas de crédito adaptadas ás necesidades do colectivo. O obxectivo principal é acometer algunhas das transformacións que debe asumir o sector marítimo, como a renovación da frota e a aposta pola sostibilidade.
O novo acordo foi asinado esta mañá en Bilbao polo director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e a directora xerente do Foro Marítimo Vasco, Sarai Blanc. Durante o acto, no que tamén participou o coordinador de ABANCA Mar, Mikel Eraso, os representantes conversaron sobre a situación actual do sector do mar en Euskadi e acordaron manter un contacto fluido para analizar a súa evolución e abordar posibles retos do futuro.
Coa firma deste acordo, Bankoa ABANCA continúa a súa aposta polo sector do mar e pola mellora da sostibilidade e a eficiencia enerxética con procesos como a renovación da frota. Para iso, a través de ABANCA Mar, os armadores, estaleiros e industria auxiliar teñen á súa disposición produtos como a hipoteca naval, que lles permite contar con embarcacións máis modernas, eficientes e respectuosas co medio ambiente, á vez que ofrecen mellores condicións de habitabilidade a bordo.
O documento recolle tamén outros produtos específicos, como opcións flexibles a medida para financiar de forma eficaz as necesidades de liquidez das empresas ou para anticipar axudas públicas ou o pagamento de impostos. Ademais, para facer fronte a outro tipo de inversións, Bankoa ABANCA ofrece préstamos personais, leasing ou financiamento oficial a través dos acordos que a entidade financeira mantén cos distintos organismos públicos.
Produtos e servizos para o día a día
Para facer fronte ás necesidades e demandas da actividade diaria, o banco pon a disposición dos membros do clúster unha serie de solucións a medida, como a póliza de crédito adaptada para o sector e produtos como os anticipos de axudas, as liñas de desconto, confirming ou financiamento de primas de seguros intermediados por Bankoa ABANCA. Ademais, as organizacións adheridas terán acceso ao Programa Servicios ABANCA, deseñado especificamente para autónomos e micropemes, que permite aforrar no mantemento dos servizos bancarios máis habituais.
As empresas que conforman o Foro Marítimo Vasco poden beneficiarse xa a través deste acordo das vantaxes que ofrece o novo plan 'ABANCA Emprendedores e Profesionais', o primeiro plan de pensións simplificado da entidade para persoas traballadoras autónomas: unha solución sinxela e flexible, deseñada para complementar a xubilación e xerar un maior aforro que os plans individuais.
A firma deste acordo súmase a outros subscritos ao longo do ano con distintas organizacións vinculadas ao sector. A través deles ponse en relevancia o compromiso que a entidade financeira mantén co mundo do mar, clave para a economía do País Vasco e do resto de España. Desde 2018, a entidade financeira, a través da súa unidade especializada ABANCA Mar, ofrece unha proposta de valor única ás empresas adheridas ao clúster. Grazas ao seu coñecemento e experiencia no mundo do mar, pon a disposición do Foro Marítimo Vasco aos seus xestores e xestoras especializadas e un catálogo de produtos deseñados en coordinación con outras unidades do banco, como ABANCA Next Generation ou ABANCA Energy, para resolver as necesidades dos e das profesionais do sector.