Bankoa ABANCA transforma a súa oficina principal en Donostia para reforzar a especialización e mellorar a atención ao cliente
- O novo centro presenta un deseño máis moderno, aberto e transparente e conta cun amplo equipo de profesionais, entre os que figuran xestores especialistas en distintos segmentos
- A oficina incorpora ademais melloras significativas en eficiencia enerxética e accesibilidade
Bankoa ABANCA completou a renovación da súa oficina principal en Donostia - San Sebastián, situada na Avenida da Liberdade, 5. Esta transformación alíñase co novo modelo que a entidade está a implementar en toda a súa rede comercial, co obxectivo de ofrecer unha atención máis personalizada e dar unha resposta adaptada a cada segmento de clientes.
A inauguración das novas instalacións contou coa presenza do director xeral de Bankoa ABANCA, Jesús Suárez, e o director comercial, José Luis Barca. Ambos acompañaron ao director da oficina, Iñigo Rincón, e ao resto do equipo para presentar aos máis de 75 convidados as melloras introducidas neste espazo comercial que dá servizo a máis de 6.000 clientes.
Especialización e tecnoloxía ao servizo do cliente
A oficina, con máis de 400 de metros cadrados, foi redeseñada para ofrecer un espazo moderno, aberto e tecnoloxicamente avanzado. Conta cun amplo equipo de profesionais, entre os que se inclúen as figuras de xerente de pemes e xestor especialista en negocios, preparados para proporcionar unha atención altamente personalizada. Con espazos abertos e adaptables, o novo deseño da sucursal facilita unha interacción máis fluída e eficiente cos clientes. Ademais, a oficina conta tamén con tres salas de reunións, que garanten privacidade e comodidade para aquelas persoas que o necesiten.
A tecnoloxía é outro elemento clave nesta transformación. A oficina integra recursos tecnolóxicos que facilitan as xestións diarias e permiten presentar os servizos de maneira clara e eficiente. A zona de autoservizo, dispoñible 24 horas, está equipada cun caixeiro automático multifunción, permitindo realizar operacións como pago de recibos e ingresos de efectivo sen restricións horarias. O equipo ademais utiliza dispositivos Surface que permiten unha maior mobilidade e unha resposta rápida ás demandas dos clientes.
Melloras na eficiencia enerxética e a accesibilidade
En liña co compromiso da entidade financeira coa protección do medio ambiente, a oficina foi deseñada teniendo en conta criterios de eficiencia enerxética. Implementáronse melloras que reducen o consumo enerxético e promoven unha contorna máis respectuosa co medio ambiente. Ademais, a oficina está completamente adaptada para atender a persoas con mobilidade reducida, asegurando que todos os clientes poidan acceder comodamente aos servizos ofrecidos.
Compromiso co País Vasco
Bankoa ABANCA xestiona 39 oficinas no seu ámbito de actuación, 32 retallistas e 7 centros de empresas. A entidade financeira continúa o seu crecemento para ofrecer un servizo integral adaptado ás necesidades de empresas e particulares, consolidándose así como unha referencia na rexión, comprometida coa excelencia, a innovación e a atención personalizada ao cliente.