Directivos de ABANCA visitan o CHUAC para recoñecer o traballo dos sanitarios
- Os representantes da entidade puideron coñecer a contribución dos equipos doados pola entidade á xestión da pandemia no hospital
Directivos de ABANCA visitaron esta mañá as instalacións do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). A visita foi realizada por Gerardo Fuertes, director territorial de ABANCA na Coruña, e José Vilariño, da área de Banca Institucional, quenes mantiveron un encontro con Luis Verde, xerente do CHUAC.
A visita tivo por obxectivo recoñecer o traballo realizado polos profesionais sanitarios do CHUAC na súa loita contra o COVID-19 e interesarse pola situación sanitaria actual.
Os representantes de ABANCA puideron así mesmo coñecer a contribución realizada a ese esforzo polos equipos sanitarios doados ao hospital da Coruña, e ao resto de centros do SERGAS, para reforzar as súas capacidades fronte ao COVID-19.