Directivos de ABANCA visitan o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para recoñecer o traballo dos sanitarios
- Os representantes de ABANCA puideron coñecer a contribución dos equipos doados pola entidade á xestión da pandemia na área Sanitaria de Vigo
Directivos de ABANCA visitaron esta mañá as instalacións do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. A visita foi realizada por Walter Álvarez, director territorial de ABANCA en Vigo, e José Luis Romero, da área de Banca Institucional, quenes mantiveron un encontro con Julio García Comesaña, xerente da Área Sanitaria de Vigo.
A visita tivo por obxectivo recoñecer o traballo realizado polos profesionais sanitarios da área Sanitaria de Vigo na súa loita contra o COVID-19, así como interesarse pola situación sanitaria actual.
Os representantes de ABANCA puideron así mesmo coñecer a contribución realizada a ese esforzo polos equipos sanitarios doados polo banco á Área Sanitaria de Vigo, e ao resto de centros do SERGAS, para reforzar as súas capacidades fronte ao COVID-19.