Directivos de ABANCA visitan o Hospital Montecelo para recoñecer o traballo dos sanitarios da área Pontevedra - O Salnés
- Os representantes de ABANCA puideron coñecer a contribución dos equipos doados pola entidade á xestión da pandemia nos centros da área sanitaria

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Directivos de ABANCA visitaron esta mañá as instalacións do Hospital Montecelo de Pontevedra. Por parte de ABANCA participaron na visita Carmen Fernández, directora Territorial en Pontevedra, e José Luis Romero, da área de Banca Institucional. Por parte da área sanitaria Pontevedra - O Salnés estiveron presentes o seu xerente, José Ramón Gómez, e outros integrantes dos seus equipos.
A visita de ABANCA tivo por obxectivo recoñecer o traballo realizado polos profesionais sanitarios da área Pontevedra - O Salnés na súa loita contra o COVID-19, así como interesarse pola situación sanitaria actual.
Os representantes de ABANCA puideron así mesmo coñecer a contribución realizada a ese esforzo polos equipos doados aos hospitais da área sanitaria Pontevedra - O Salnés, e ao resto de centros do SERGAS, para reforzar as súas capacidades fronte ao COVID-19.