Dispositivo especial de ABANCA para que os agricultores e gandeiros leoneses tramiten as axudas PAC
-A entidade incrementa un 17% a domiciliación de axudas da Política Agraria Común (PAC) en León
ABANCA, a través da súa unidade de negocio ABANCA Agro e Mar, ampliou este ano o dispositivo especial para a xestión das axudas da Política Agraria Común (PAC) que pon en marcha cada primavera nas oficinas das zonas rurais de León, coincidindo co inicio da convocatoria. O banco mellorou a súa posición no mercado na tramitación das solicitudes e, especialmente, na domiciliación destas subvencións europeas na provincia leonesa.
Durante o ano pasado, ABANCA tramitou preto de mil solicitudes de axudas da PAC en León. En domiciliacións, a entidade financeira canalizou case 1.500 subvencións (axudas tramitadas polo banco e por organizacións agrícolas e sindicais), o que lle permitiu elevar a súa cota de mercado ata o 13,58%, un 17% máis que en 2014.
Campaña de 2016
En León, o banco puxo a disposición dos agricultores e gandeiros un amplo equipo de xestores especializados na xestión das axudas, distribuídos polas oficinas que ABANCA ten repartidas nas zonas rurais desta provincia. Estes empregados recibiron formación específica sobre as subvenciones da Política Agraria Común e a súa tramitación e contan cunha dilatada experiencia nestas tarefas.
As solicitudes poden tramitarse en ABANCA dende esta mesma semana, unha vez que tiveron lugar as últimas actualizacións do Sixpac (Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas). O período oficial de solicitudes prolongarase ata o 30 de abril.
ABANCA marcouse como obxectivo reforzar aínda máis a súa posición como entidade financeira de referencia para o sector primario da zona noroeste e seguir mellorando o servizo prestado a este segmento. A entidade conta cunha oferta financeira sectorial e solucións deseñadas á medida para dar resposta ás necesidades do sector agro-gandeiro.
Entre outros produtos, ABANCA ofrécelles aos agricultores e gandeiros préstamos sen xuros con comisión de apertura moi competitiva para anticipar o importe das axudas da PAC que domiciliaran na entidade. Tamén son diferenciais no mercado unha conta de crédito para as necesidades de financiamento do día a día a un prazo máximo de cinco anos e sen comisiones, un préstamo persoal de ata 12 anos para investimentos sen comisións, unha ampla gama de seguros agrarios con financiamento específico para primas de seguros en condicións moi vantaxosas, así como o préstamo para gastos de campaña a un tipo de xuro do 0% cunha comisión de apertura en condicións moi competitivas.