• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Dooing IT convértese no gañador da segunda edición do programa de aceleración de ABANCA Innova

  • Unha plataforma de servizos de ciberseguridade e ciberrisco é o proxecto escollido pola entidade financeira para avanzar na súa consolidación empresarial
  • A iniciativa creada polo banco para o desenvolvemento de empresas tecnolóxicas completa a fase de acompañamento con mentores na que participaron catro start-up
  • ABANCA Innova organizou nestes primeiros dous anos 170 eventos con máis de 2.000 asistentes, aos que acudiron 710 empresas e prepara a terceira edición do programa de aceleración

Presentación de Dooing IT durante o Demo Day celebrado por ABANCA Innova.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-07-2019
Corporativo

A segunda edición do programa de aceleración de ABANCA InnovaSerás redirixido a outro sitio web, a iniciativa creada polo banco para o desenvolvemento de empresas tecnolóxicas, xa ten proxecto gañador. Trátase de Dooing IT, unha plataforma de recomendación de investimento en ciberseguridade e comercialización de seguros de ciberrisco. Conclúe así a segunda fase dun programa que comezou hai xusto un ano e que busca potenciar as mellores ideas relacionadas cos sectores fintech, insurtech e regtech.

As catro mellores empresas emerxentes da edición, a propia Dooing IT, pero tamén Conver.fit, Sharenjoy e Lendmarket, abordaron ao longo dos últimos catro meses a chamada fase “Brota”. Durante este período comezaron un proceso de acompañamento con mentores internos e externos para desenvolver unha proba de concepto e validar a proposta de valor en mercado de acordo ás liñas estratéxicas marcadas polo banco. Previamente, fixérase unha primeira selección de entre todos os candidatos presentados en función do seu modelo de negocio e deseño.

A elección do proxecto gañador tivo lugar tras a celebración do Demo Day, un encontro de presentación das iniciativas no que participou o conselleiro delegado, Francisco Botas. A xornada serviu para coñecer en detalle a proposta de valor de cada empresa emerxente, presentar os resultados das probas de concepto e resaltar os seus puntos fortes. Tamén desvelouse que Lendmarket se situou no segundo lugar nesta edición, mentres que o terceiro posto foi ocupado por Conver.fit.

Durante toda esta fase, as empresas emerxentes aceleradas seguiron a metodoloxía de traballo agile, con demandas semanais para madurar o seu proxecto, e diversos encontros eminentemente prácticos e especializados. Estas sesións de traballo contaron coa participación das áreas implicadas de ABANCA, pero tamén con persoas relevantes do ecosistema emprendedor.

O camiño para converterse nun proxecto empresarial

Dooing IT inicia agora a terceira fase do programa de aceleración de ABANCA Innova, que recibe a denominación “Crece”, e que está enfocada en consolidar a idea. Para iso, seguirá os pasos que hai xusto un ano tomou a empresa gañadora da primeira edición, Sensei-trade. Esta start-up concluíu a terceira fase do programa de aceleración de ABANCA e xa se converteu nunha realidade empresarial dedicada ao análise de redes sociales e Internet para detectar tendencias en bolsa. Este percorrido foi posible tras recibir un investimento directo do vehículo inversor do banco, ABANCA Invest.

O gañador deste segundo programa de aceleración contará cun consello asesor formado por distintas áreas do banco. Ademais, poderá continuar beneficiándose das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terá acceso á rede de networking da aceleradora e disporá dun espazo de traballo gratuíto nas instalacións de ABANCA Innova.

Dous anos ao servizo da innovación

Con este segundo programa de aceleración xa na súa fase final, ABANCA Innova consolida a súa vocación como centro de actividade multipolar destinado a fomentar o desenvolvemento da innovación e a tecnoloxía en Galicia. Xunto a esta liña de traballo, impulsou tamén outras actividades como un programa de intraemprendemento dentro do banco ou o Observatorio de Tecnoloxías EmerxentesSerás redirixido a outro sitio web.

Desde a súa creación no 2017, ABANCA Innova organizou uns 170 eventos con máis de 2.000 asistentes nos que participaron 710 empresas, 441 delas emerxentes. Os seus dous programas de aceleración péchanse con máis de medio centenar de candidatos, dos que nove foron acelerados e en dous realizáronse investimentos, TokApp e Sensei-trade. Este programa de aceleración está ultimando detalles para presentar a súa terceira edición nos últimos meses deste ano.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .