Dooing IT convértese no gañador da segunda edición do programa de aceleración de ABANCA Innova
- Unha plataforma de servizos de ciberseguridade e ciberrisco é o proxecto escollido pola entidade financeira para avanzar na súa consolidación empresarial
- A iniciativa creada polo banco para o desenvolvemento de empresas tecnolóxicas completa a fase de acompañamento con mentores na que participaron catro start-up
- ABANCA Innova organizou nestes primeiros dous anos 170 eventos con máis de 2.000 asistentes, aos que acudiron 710 empresas e prepara a terceira edición do programa de aceleración
A segunda edición do programa de aceleración de ABANCA Innova, a iniciativa creada polo banco para o desenvolvemento de empresas tecnolóxicas, xa ten proxecto gañador. Trátase de Dooing IT, unha plataforma de recomendación de investimento en ciberseguridade e comercialización de seguros de ciberrisco. Conclúe así a segunda fase dun programa que comezou hai xusto un ano e que busca potenciar as mellores ideas relacionadas cos sectores fintech, insurtech e regtech.
As catro mellores empresas emerxentes da edición, a propia Dooing IT, pero tamén Conver.fit, Sharenjoy e Lendmarket, abordaron ao longo dos últimos catro meses a chamada fase “Brota”. Durante este período comezaron un proceso de acompañamento con mentores internos e externos para desenvolver unha proba de concepto e validar a proposta de valor en mercado de acordo ás liñas estratéxicas marcadas polo banco. Previamente, fixérase unha primeira selección de entre todos os candidatos presentados en función do seu modelo de negocio e deseño.
A elección do proxecto gañador tivo lugar tras a celebración do Demo Day, un encontro de presentación das iniciativas no que participou o conselleiro delegado, Francisco Botas. A xornada serviu para coñecer en detalle a proposta de valor de cada empresa emerxente, presentar os resultados das probas de concepto e resaltar os seus puntos fortes. Tamén desvelouse que Lendmarket se situou no segundo lugar nesta edición, mentres que o terceiro posto foi ocupado por Conver.fit.
Durante toda esta fase, as empresas emerxentes aceleradas seguiron a metodoloxía de traballo agile, con demandas semanais para madurar o seu proxecto, e diversos encontros eminentemente prácticos e especializados. Estas sesións de traballo contaron coa participación das áreas implicadas de ABANCA, pero tamén con persoas relevantes do ecosistema emprendedor.
O camiño para converterse nun proxecto empresarial
Dooing IT inicia agora a terceira fase do programa de aceleración de ABANCA Innova, que recibe a denominación “Crece”, e que está enfocada en consolidar a idea. Para iso, seguirá os pasos que hai xusto un ano tomou a empresa gañadora da primeira edición, Sensei-trade. Esta start-up concluíu a terceira fase do programa de aceleración de ABANCA e xa se converteu nunha realidade empresarial dedicada ao análise de redes sociales e Internet para detectar tendencias en bolsa. Este percorrido foi posible tras recibir un investimento directo do vehículo inversor do banco, ABANCA Invest.
O gañador deste segundo programa de aceleración contará cun consello asesor formado por distintas áreas do banco. Ademais, poderá continuar beneficiándose das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terá acceso á rede de networking da aceleradora e disporá dun espazo de traballo gratuíto nas instalacións de ABANCA Innova.
Dous anos ao servizo da innovación
Con este segundo programa de aceleración xa na súa fase final, ABANCA Innova consolida a súa vocación como centro de actividade multipolar destinado a fomentar o desenvolvemento da innovación e a tecnoloxía en Galicia. Xunto a esta liña de traballo, impulsou tamén outras actividades como un programa de intraemprendemento dentro do banco ou o Observatorio de Tecnoloxías Emerxentes.
Desde a súa creación no 2017, ABANCA Innova organizou uns 170 eventos con máis de 2.000 asistentes nos que participaron 710 empresas, 441 delas emerxentes. Os seus dous programas de aceleración péchanse con máis de medio centenar de candidatos, dos que nove foron acelerados e en dous realizáronse investimentos, TokApp e Sensei-trade. Este programa de aceleración está ultimando detalles para presentar a súa terceira edición nos últimos meses deste ano.