Eduardo Eraña incorpórase como independiente ao Consello de ABANCA
- Presidirá a Comisión de Nomeamentos
- O novo conselleiro ten unha sólida traxectoria profesional e como experto internacional en medios de pago
- Fortalece a estratexia do banco en liderar a transformación do sector dos medios de pago como servizo aos seus clientes
O Consello de Administración de ABANCA aprobou o nomeamento de Eduardo Eraña como novo conselleiro independiente da entidade. Tras esta incorporación, o máxímo órgano de goberno do banco está composto por nove membros, cinco de eles independentes. Eduardo Eraña foi designado polo Consello presidente da Comisión de Nomeamentos.
Eduardo Eraña conta con máis de 40 anos de experiencia no sector finaceiro como experto en medios de pago. Nos últimos anos, ABANCA mostrouse especialmente activa no lanzamento de produtos innovadores neste segmento, ben con novas tarxetas, ben con novos servizos de pago a través da banca móbil (ABANCA Pay, ABANCA Cash, servizo Samsung Pay).
Eduardo Eraña foi ata hai uns meses presidente de Visa Inc, Rexión América Latina e o Caribe, asumindo a estratexia e proxectos do negocio da compañía en 44 países. Anteriormente desempeñou os cargos de vicepresidente executivo en Visa ALC e presidente de Visa México. Durante a súa xestión consolidou a Visa como líder nos sistemas de pago electrónicos en América Latina e o Caribe.
Eduardo Eraña é Contador Público pola Universidade Nacional Autónoma de México.
Membros del consello de ABANCA
O consello de ABANCA está formado por Javier Etcheverría de la Muela, presidente, por Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente, Francisco Botas Ratera, conselleiro delegado y polos vogais Eduardo Eraña Guerra, José García Montalvo, Pedro Raúl López Jácome, José Ramón Rodrigo Zarza, Ignacio Sánchez-Asiaín Sanz e Carina Szpilka Lázaro