• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

EDUCA e ABANCA entregan os IV Premios EDUCA ABANCA aos mellores docentes de España de 2020

  • A plataforma educativa e a Obra Social do banco renden homenaxe ao profesorado nun ano moi complicado marcado pola pandemia da covid-19
  • A gala celebrouse de maneira telemática para garantir a seguridade sanitaria

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Paola de la Cruz Sánchez, profesora no Centro Dinoschool de Torrent (Comunidad Valenciana), gañadora na categoría de Educación Infantil.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Alicia Tojeiro Ríos, mestra no CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros (Galicia), gañadora na categoría de Educación Primaria.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Rafael Bailón Ruiz, profesor no IES Diego de Siloé de Íllora (Andalucía), gañador no apartado de Educación Secundaria.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Manuel Flores Toledano, mestre do IES El Arenal de Dos Hermanas (Andalucía), gañador en Formación Profesional.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Javier Cachón Zagalaz, profesor na Universidad de Jaén (Andalucía), gañador na categoría de Universidade.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

27-02-2021
RSC

A plataforma educativa EDUCA e a Obra Social ABANCA, Afundación, renderon homenaxe aos mellores docentes de España este sábado na gala de entrega da cuarta edición dos Premios EDUCA ABANCA, que este ano se celebrou de forma telemática para garantir a seguridade sanitaria tanto dos docentes distinguidos como do resto dos asistentes. O evento puido seguirse en directo a través de Afundación TV.

Os 50 profesores e profesoras finalistas, dez por cada unha das cinco categorías establecidas, foron unha vez máis os protagonistas do acto. Todos eles recibiron este recoñecemento pola súa boa práctica e a dedicación á súa profesión nun ano marcado pola pandemia da covid-19 que foi especialmente complicado para todos os profesionais do ensino.

Na gala reservouse un lugar destacado para os cinco gañadores, que nesta edición foron Paola de la Cruz Sánchez, profesora no Centro Dinoschool de Torrent (Comunidad Valenciana), na categoría de Educación Infantil; Alicia Tojeiro Ríos, mestra no CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros (Galicia), na categoría de Educación Primaria; Rafael Bailón Ruiz, profesor no IES Diego de Siloé de Íllora (Andalucía), no apartado de Educación Secundaria; Manuel Flores Toledano, do IES El Arenal de Dos Hermanas (Andalucía), en Formación Profesional, e Javier Cachón Zagalaz, profesor na Universidad de Jaén (Andalucía), na categoría de Universidade. Cada un recibiu unha figura conmemorativa EDUCA, un diploma acreditativo e un premio en metálico.

Os docentes distinguidos estiveron arroupados na gala virtual por outros compañeiros e compañeiras de profesión, así como pola coordinadora xeral de RSC e Institucional da Obra SocialSerás redirixido a outro sitio web ABANCA, Pilar Alves, o secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta de Galicia, José Luis Mira, e a presidenta do Comité de Baremación dos premios, Eva Nieto.

A entrega dos Premios EDUCA ABANCA puxo o broche final ao 4º Congreso Mundial de Educación EDUCA 2021, no que tamén estivo presente este ano Afundación co relatorio ‘A aprendizaxe ao longo da vida’, a cargo da coordinadora adxunta da área de Educación Superior, Carlota Sánchez-Montaña Puga, e unha caseta informativa na que se deu a coñecer a oferta educativa de Afundación.

Quinta edición Premios EDUCA ABANCA

Os Premios EDUCA ABANCA xorden en 2017 co fin de mellorar a visibilidade da boa práctica docente entre a sociedade e dar voz ao alumnado e ás súas familias á hora de recoñecer a aqueles profesores que destaquen polo seu bo facer. O principal obxectivo da iniciativa é enxalzar a figura do bo docente, a súa implicación no proceso de ensino e tamén a importancia do papel que desenvolven estes profesionais na sociedade.

O prazo para presentar candidaturas para a quinta edición dos premios, que distinguirán aos mellores docentes de 2021, está xa aberto. Calquera estudante pode propoñer para o galardón a aquel profesor ou profesora que admire pola súa boa praxe profesional a través do formulario dispoñible na web www.mundoeduca.org. No caso das categorías de Educación Infantil e Primaria serán as familias quenes deban realizar as propostas.

Como novidade, na edición de 2021 haberá dúas novas categorías: Educación non formal e Mención honorífica á traxectoria docente, que completarán as cinco existentes ata o momento: Educación Infantil, Educación Primaria, Secundaria/Bacharelato, Formación Profesional e Universidade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .