• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Estudantes de Vigo e Monforte de Lemos álzanse con tres premios na competición educativa Young Business Talents

  • O IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) viu recoñecidos a dous equipos de estudantes: un co subcampionato e outro co cuarto posto
  • Alumnas do IES Río Cabe (Monforte de Lemos) obtiveron a terceira posición no podio
  • Na final competiron 343 mozos de toda España que se converteron en auténticos directivos ao ter que dirixir a súa propia empresa virtual co uso dun avanzado simulador de xestión empresarial

Equipo do IES San Tomé de Freixeiro que se alzou co subcampeonato.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Alumnas de Monforte gañadoras do terceiro posto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Grupo de estudantes do IES San Tomé de Freixeiro que quedaron en cuarta posición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

19-04-2024
RSC

Dous equipos de alumnos e alumnas do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo de estudantes do IES Río Cabe de Monforte de Lemos (Lugo), obtiveron o segundo, terceiro e cuarto posto na décimo terceira final nacional de Young Business Talents, a competición educativa de simulación empresarial organizada por ABANCA, ESIC University, Herbalife e Praxe MMT, que busca mozas con talento empresarial.

Estes preuniversitarios competiron con 343 mozos procedentes de 84 centros docentes de toda España para alzarse co título de “mellor empresario virtual de España”, que finalmente obtiveron os alumnos barceloneses do IES Corbera de Llobregat. En quinta posición situáronse os alumnos do IES Alto Guadiana de Tomelloso (Ciudad Real).

Os estudantes galegos demostraron contar con grandes habilidades directivas e unha óptima visión para os negocios ao ter que dirixir a súa propia empresa virtual co uso dun avanzado simulador de xestión empresarial que lles enfrontou a situacións reais que se viven dentro dunha compañía. Desta forma, conseguiron posicionar a súa empresa centrada no coidado persoal, vendendo cremas e protectores solares, entre as que obtiveron maiores beneficios fronte ao resto de equipos participantes.

Os cinco equipos vencedores repartíronse máis de 10.000 euros en premios entre estudantes e docentes, así como diplomas acreditativos que lles axudarán a mellorar o seu futuro profesional. A celebración da XIII final nacional de Young Business Talents, que se desenvolve nun formato de emocionante Business Game, ao máis puro estilo americano, reuniu a un total de 343 mozos procedentes de 84 centros docentes de todas partes de España na Nave de Madrid, todos eles estudantes de 4º da ESO, Bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio e superior.

“Atopámonos seguramente diante dos futuros CEO que capitanearán as compañías do noso país. Tanto os gañadores, como os máis de 300 participantes que chegaron ata esta final nacional despois de meses de traballo, demostraron ter grandes calidades como emprendedores ao levar a cabo brillantes estratexias empresariais con moi bos resultados. Con este programa educativo logramos que a mocidade se beneficien de novas ferramentas de aprendizaxe que lles permiten poñer en práctica a teoría aprendida en clase dunha maneira lúdica, á vez que lles axuda na orientación para o seu futuro académico e laboral”, explica Nuño Nogués, director de Young Business Talents.

Os mozos e mozas convertéronse en auténticos directivos e tiveron que tomar as mellores decisións nas áreas de márketing, comercial, operacións, produción, recursos humanos e finanzas, para posicionar á súa empresa virtual como líder e non caer en bancarrota. Para iso, tiveron que definir a súa estratexia empresarial tendo en conta á competencia, demostrar aptitudes de liderado, traballo en equipo, boa comunicación entre eles e unha gran capacidade de organización.

Coa celebración desta xornada ponse o broche final a un completo programa educativo para mozos que incorpora a aprendizaxe experiencial, no que participaron ao longo deste curso un total de 11.441 preuniversitarios de 426 centros docentes de toda España. Desde que dese comezo no mes de novembro e ata conseguir unha praza na final nacional, os alumnos foron pasando diferentes fases en liña coa axuda dos seus profesores desde as aulas, e así puideron vivir en primeira persoa unha experiencia de laboratorio sen riscos, para coñecer desde dentro a xestión empresarial.

Desta forma, este simulador empresarial permítelles practicar tomando todo tipo de decisións dentro dunha empresa: analizan, planifican, executan e controlan. Para que puidesen participar, cedéuselles de maneira gratuíta aos centros docentes un sofisticado simulador empresarial, desenvolto por Praxis MMT e que están valorados en máis de 3.000 euros cada un, como os que se utilizan nas escolas de negocio, universidades e grandes empresas, para que poñan en práctica os coñecementos teóricos de economía e administración de empresas vistos en clases.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .