Éxito das orquestras ABANCA ReSuena no seu concerto do Día da Música
- Os 186 nenos e nenas que participan no proxecto coa OSG interpretaron algunhas das obras aprendidas ao longo do último curso
- O concerto superou todas as expectativas de público, con 1.200 asistentes
ABANCA sumouse onte á celebración do Día da Música cun gran concerto das orquestras que forman parte do proxecto ABANCA ReSuena, posto en marcha polo banco en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia co fin de promover a educación en valores a través da música.
Os 186 nenos e nenas que participan na actualidade na iniciativa tiveron a oportunidade de demostrar ante as 1.200 persoas que encheron o Palacio da Ópera da Coruña os coñecementos adquiridos ao longo do último ano de estudo, tras o éxito do primeiro concerto ofrecido en Nadal.
Entre o público asistente atopábanse representantes do banco como o director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación, Miguel Ángel Escotet, e a directora de Responsabilidade Social Corporativa, Tatiana Suárez Cancelo, que non quixeron perderse a actuación dos novos estudantes de música.
Baixo a dirección de Diego Zecharies, director artístico e musical de ABANCA ReSuena, os alumnos interpretaron con gran éxito unha selección das obras que aprenderon nas clases nos últimos meses, entre elas a banda sonora de Xogo de Tronos, ‘A Gran Porta de Kiev’, ‘Chamambo’, ‘Can Can’, o Himno da Alegría e o propio himno de ABANCA ReSuena.
O público asistente recoñeceu cunha ovación pechada o traballo dos novos músicos e tamén o esforzo realizado por ABANCA por impulsar este proxecto.