Gran éxito da Orquestra ABANCA ReSuena no seu primeiro concerto de Nadal
A música da película 'Piratas do Caribe' e a que hai case douscentos anos escribiu Beethoven para a súa 'Novena sinfonía' compartiron atril no concerto que 174 nenos e nenas do proxecto social ABANCA ReSuenaSerás redirixido a outro sitio web ofreceron o domingo 18 de decembro no Palacio de la Ópera da Coruña.
O concerto serviu ao público asistente para contaxiarse do entusiasmo dos 164 alumnos de entre 5 e 17 anos e dos 22 profesores que forman parte dunha iniciativa posta en marcha en 2014 pola Sinfónica de GaliciaSerás redirixido a outro sitio web co apoio de ABANCASerás redirixido a outro sitio web e polo que a entidade xa foi recoñecida co II Premio á Excelentia como empresa comprometida co apoio á cultura.
No concerto participaron nenos e nenas do proxecto ABANCA ReSuena que se desenvolve na actualidade no Centro Cívico Monte Alto, o CEIP Alborada en Elviña e o colexio Nosa Señora do Rosario, co seu coro de mans brancas.
Baixo a dirección do director artístico e musical do proxecto, Diego Zecharies —contrabaixo principal da OSG ademais de solista de prestixio internacional os estudantes de música de ABANCA ReSuena enfrontáronse a un variado repertorio no que houbo de todo: dende a música da película 'Piratas do Caribe' á inconfundible e universal melodía do 'Himno á alegría', tema central do último movemento da 'Sinfonía nº 9' de Ludwig van Beethoven, e no que participou tamén o Coro de Mans Brancas do colexio Nosa Señora do Rosario. Ademais, nos atrís dos nenos e nenas de ABANCA ReSuena houbo tamén música da ópera 'Rinaldo', de Georg F. Haendel, de temas populares como 'O Griliño' e 'O poliño', ademais dun dos temas máis populares do Nadal: 'Jingle Bells'.
O público que encheu o Palacio de la Ópera gozou tanto coa interpretación dos pequenos músicos que tiveron que repetir dúas das obras musicais.
ABANCA ReSuena é un proxecto social baseado nun modelo ético, ocupacional e artístico no que a música e a súa práctica en común no seno dunha orquestra é o nexo de unión e integración entre nenos e nenas de todos os estratos sociais, económicos e culturais.