• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

IESIDE e CUNEF firman un convenio para impulsar o intercambio de alumnos, docentes e coñecementos

  • As dúas entidades subscriben un texto de colaboración que servirá para ampliar a oferta formativa de alta especialización en Galicia
  • O acordo tamén facilita a realización conxunta de investigacións e estudos, así como a celebración de encontros académicos de temática económica e social

Imaxe da entrada dunha das sedes de IESIDE.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

08-09-2016
RSC

O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDESerás redirixido a outro sitio web) e o Colegio Universitario de Estudios Financieros (CUNEFSerás redirixido a outro sitio web) redobran a súa labor formativa e investigadora tras a firma dun convenio de colaboración. Na rúbrica estiveron presentes o reitor presidente de IESIDE, Miguel Ángel Escotet Álvarez, e o director de CUNEF, Álvaro Cuervo García.

O acordo, cun período inicial de tres anos, busca fortalecer os vínculos entre as dúas entidades. Desta maneira, foméntase activa e axilmente o intercambio de estudantes e profesores, pero tamén o acceso a materiais bibliográficos, investigacións e estudios entre ambas as dúas institucións.

A colaboración entre IESIDE e CUNEF dá un paso máis e pon como obxectivo a realización conxunta de investigacións propias, así como a elaboración de programas docentes de temática financeira e de big data para os próximos meses, seguindo esta fórmula de cooperación. O acordo tamén reserva un espazo á divulgación e promoverase a realización de eventos académicos, conferencias, seminarios e charlas sobre aspectos económicos e sociais relevantes.

Esta firma englóbase dentro do compromiso de IESIDE de chegar a acordos para facilitar os intercambios a todos os niveis con outras institucións universitarias de prestixio. Non en vano, CUNEF conta con máis de 20 anos de experiencia formativa en temas bancarios e financeiros. Apoiada pola Asociación Española de Banca (AEBSerás redirixido a outro sitio web) e adscrita á Universidad Complutense de Madrid, é considerada unha das entidades de referencia, tanto para profesionais que necesitan adquirir coñecementos diferenciais, como entre os máis novos grazas aos seus tres graos e tres posgraos oficiais.

Arranca o primeiro curso en IESIDE

Durante as vindeiras semanas está previsto que inicien a súa singradura os primeiros programas postos en marcha por IESIDE. Desde a súa presentación o pasado mes de abril, a institución académica traballou intensamente para contar cun catálogo formativo que inclúe o programa oficial de grao en ADE, o mestrado universitario MBA, seis títulos duais Bachelor in Business Administration/ADE coa Dublin Business School e un total de 26 titulacións propias de mestrado, especialista e experto.

IESIDE, que é un proxecto educativo de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, conta neste curso con tres centros formativos na Coruña, Pontevedra e Vigo, así como unha residencia de estudantes situada en Pontevedra. Desde as súas aulas poténciase a colaboración entre o mundo universitario e empresarial en Galicia, grazas a unha educación baseada na innovación, o uso de elementos tecnolóxicos e a vocación internacional.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .