IESIDE presenta cun coloquio sobre a era post COVID a obra 'Después de la pandemia'
- A publicación inaugura o selo IESIDE Ediciones, que nace co propósito de achegar á comunidade científica, académica e empresarial, nacional e internacional, obras de ensaio académico e investigación
- O libro conta coa participación de once autores, referentes a nivel nacional e internacional nos seus respectivos ámbitos profesionais e académicos
Descarga los contenidos anexos
- Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia' 10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade social corporativa e á actuación das institucións públicas e privadas para trazar novas metas e estratexias na era post-covid.
- Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia' 10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que propón no seu artigo para saír fortalecidos da pandemia e construír un futuro mellor para Galicia.
O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa, IESIDE, unha institución da Obra Social de ABANCA, Afundación, presentou esta mañá o libro Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia, unha rigorosa análise múltiple, en edición bilingüe español-inglés, sobre o impacto económico da COVID-19 no que once figuras relevantes dos ámbitos empresarial, académico e da investigación, abordan desde as súas distintas ópticas, propostas para o novo contexto desde unha perspectiva global, nacional e con especial foco en Galicia. Con esta publicación estréase o selo editorial IESIDE Ediciones, cuxo obxectivo é complementar e reforzar as investigacións desenvolvidas polo Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa e a futura universidade UIE e pola cooperación académica coas súas universidades asociadas de Europa e América.
A presentación da publicación tivo lugar esta mañá no marco do coloquio «Consecuencias e oportunidades da pandemia na economía galega: finanzas, pesca, enerxía, transformación dixital e internacionalización», transmitido por Afundación TV, e na que participaron algúns dos autores dos capítulos: Francisco Botas, CEO de ABANCA; Fernando Gónzalez Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña; P. Antonio Merino, director de Estudos e Economista Xefe en Repsol e Ana Teresa Tavares-Lehmann, profesora de Economía da Universidade de Porto e exsecretaria de Estado de Industria de Portugal. O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, realizou a apertura institucional do evento. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo do libro foi o encargado de abrir o coloquio.
'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia' é unha lectura estratéxica, enraizada na conxuntura galega actual, que persegue proporcionar ideas e ser un barómetro inspirador que estimule o pensamento crítico baixo a mirada de expertos de ámbito nacional e internacional.
Transcorrido un ano desde o inicio da pandemia, cada un dos autores escribiu un capítulo exclusivo para a publicación no que expoñen, desde os seus distintos ámbitos profesionais, ideas para a reflexión sobre a Galicia do futuro no novo contexto europeo e mundial provocado por el impacto da COVID-19
Francisco Botas, CEO de ABANCA, analiza a contorna de España e Galicia e as súas perspectivas; P. Antonio Merino, director de Estudos de REPSOL, concéntrase nos aspectos clave da cuestión enerxética; Mauro Guillén, catedrático de Dirección Internacional da Empresa en The Wharton School da Universidade de Pennsylvania (EE. UU.), refírese aos desafíos empresariais; Fernando González Laxe, catedrático da Universidade da Coruña, describe o impacto sobre o sector pesqueiro e os hábitos de consumo; Carlos Ocaña, director xeral de FUNCAS e doutor en economía da Universidade Northwestern de Chicago, pon o foco da súa análise nas perspectivas económicas a medio prazo; Xulio Ríos, fundador e presidente do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), refírese ao factor China e a súa potencial incidencia en Galicia; Ignacio Martín Maruri, profesor e experto en Liderazgo e máster en Administración pública da Universidade de Harvard, céntrase nos desafíos do teletraballo e as súas consecuencias; Alicia García-Herrero, profesora da Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Hong Kong e economista xefe de Asia-Pacífico de Natixis, incide nos factores crave da nova orde económica mundial; Ainhoa Marín Egoscozábal, investigadora principal do Real Instituto Elcano e profesora de economía aplicada da Universidade Complutense, reflexiona sobre os impactos da pandemia en África e en Galicia; Soledad Núñez Ramos, doutora en Economía da Universidade de Minnesota (EE. UU.) e membro do Consejo General do Banco de España, analiza as respostas que ofreceron as autoridades económicas e financeiras á pandemia; e, finalmente, Ana Teresa Tavares- Lehmann, profesora de Economía da Universidade de Porto e ex secretaria de Estado de Industria de Portugal, examina o impacto da dixitalización na internacionalización das empresas do seu país e de Galicia.
IESIDE Ediciones
IESIDE Ediciones ten como propósito achegar á comunidade científica, académica e empresarial, nacional e internacional, obras de ensaio académico e investigación nos ámbitos da economía, a globalización, a empresa, as novas tecnoloxías, o capital humano, a responsabilidade social empresarial, a sustentabilidade e áreas afíns.
Nun contexto de transformación permanente, IESIDE asume como parte do seu labor como institución de educación superior, publicar obras xeradas desde o compromiso coa sociedade, a investigación, o desenvolvemento e a innovación, capaces de promover novas estratexias e actuacións creativas en todo o espectro da empresa e o emprendemento.
'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia' está dispoñible para a súa descarga en: https://www.ieside.edu/despues-pandemia