IESIDE recibe a distinción de Proxecto do Ano nos Premios Ejecutivos Galicia
- O premio recoñece a IESIDE como primeira institución de educación superior de Galicia orientada á empresa
O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa (IESIDE) recibiu este martes no Círculo de Empresarios de Galicia a distinción de Proxecto do Ano en la VI Edición dos Premios Ejecutivos Galicia. O presidente reitor de IESIDE, Miguel Ángel Escotet, destacou no acto de entrega que “IESIDE é unha institución de servizo público e de xestión privada que ten como propósito complementar a oferta formativa existente en Galicia e potenciar a cooperación entre a empresa e a universidade”.
O instituto naceu en abril de 2016 como unha aposta estratéxica deABANCA en colaboración con Afundación para impulsar a súa actuación no ámbito da educación superior avalada polos máis de 29 anos de experiencia da Escuela de Negocios Afundación.
Este centro educativo e a Escuela Interdisciplinar de la Empresa constitúen dous dos compoñentes esenciais de IESIDE e veranse potenciados dentro de proxecto con novas liñas de estudos. A creación de IESIDE inclúe, así mesmo, a posta en marcha do Centro Interuniversitario da Empresa, o Centro de Investigación ABANCA e o Centro de Innovación e Tecnoloxía ABANCA.
IESIDE, que ofrecerá un programa de bolsas que beneficiará, de forma progresiva, ao 25% dos estudantes, iniciará a súa actividade en setembro de este ano cunha infraestrutura composta por tres centros para uso formativo situados en A Coruña, Pontevedra e Vigo. Ademais, dispón dunha residencia de estudantes situada en Pontevedra e conta co soporte adicional do resto de edificios de ABANCA e de Afundación nas diferentes cidades galegas. IESIDE ten 22 profesores a tempo completo, 52 profesores asociados, 4 profesores estranxeiros visitantes e 250 profesores colaboradores.
O seus catálogo formativo incluirá programas académicos presenciais, online e de tipo híbrido, así como cursos corporativos dirixidos a empresas.