• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

José Manuel González-Páramo, novo conselleiro independente de ABANCA

  • A súa traxectoria combina funcións executivas de primeira liña en banca central, responsabilidades de alto nivel no sector financeiro privado internacional, experiencia académica e actividades de asesoramento

José Manuel González-Páramo

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

27-05-2022
Corporativo

ABANCA proporá á súa Xunta Xeral de Accionistas o nomeamento de José Manuel Gonzalez-Páramo como novo conselleiro independente. Na súa ampla traxectoria profesional González-Páramo desenvolveu diferentes funcións executivas de primeira liña en banca central, responsabilidades de alto nivel no sector bancario privado internacional, experiencia académica e actividades de asesoramento.

Coa incorporación de José Manuel González-Páramo ao seu Consello de Administración, ABANCA confirma a súa aposta pola participación no seu máximo órgano de goberno de profesionais independentes de alto nivel e profundo coñecemento do sector financeiro. Tras o nomeamento de José Manuel González-Páramo, o Consello de Administración de ABANCA reforza a ampla maioría (75%) de conselleiros independentes xa existente no seu seo, en liña coas mellores prácticas de goberno corporativo e por encima do resto de bancos españois.

José Manuel González-Páramo é doutor en Economía con Premio Extraordinario pola Universidade Complutense de Madrid e obtivo outro doutoramento (PhD) pola Universidade de Columbia (Nova York).

Entre 1994 e 2004, o novo conselleiro de ABANCA foi membro da Comisión Executiva e do Consello de Goberno do Banco de España. Entre 2004 e 2012 foi conselleiro executivo e membro do Consello de Goberno do Banco Central Europeo.

Entre 2013 e 2020 desempeñou as funcións de conselleiro executivo e director xeral de Economía, Regulación e Relacións Institucionais e presidente do Consello Asesor Internacional dunha das principais entidades financeiras españolas. Actualmente é o Presidente do Consello Superior de European DataWarehouse GmbH.

No ámbito académico foi catedrático e director do departamento de Facenda Pública na Universidade Complutense de Madrid e profesor en programas para executivos de alto nivel (CEO, CFO, CRO e outros) en IESE Business School.

Adicionalmente González-Páramo formou parte de diferentes grupos de traballo, consellos asesores, fundacións e outras entidades e organismos internacionais dos ámbitos económico, académico e de cooperación, como o Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial, a OCDE e a Academia Europea de Ciencias e Artes, entre outros. Na actualidade é membro das xuntas directivas de Bruegel e Cercle d´Economía, e os consellos asesores do Bretton Woods Committee, o Systemic Risk Council e FUNCAS, entre outras institucións.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .