Juan Carlos Escotet: “As entidades financeiras deben canalizar recursos hacia un modelo económico máis sostible”
- O presidente de ABANCA participou esta mañá no I Foro La Toja ‘Vínculo Atlántico’, un evento nacido en Galicia que reúne a importantes persoeiros internacionais do ámbito da política, o pensamento e a empresa
Juan Carlos Escotet Rodríguez declarou esta mañá que “as entidades financeiras deben canalizar recursos hacia un modelo económico máis sostible”. O presidente de ABANCA interveu no I Foro La Toja ‘Vínculo Atlántico’, evento que se ven celebrando desde o pasado xoves na illa pontevedresa coa participación de importantes persoeiros internacionais do mundo da política, o pensamento ea a empresa.
Dentro do programa de actividades desta mañá, o presidente de ABANCA ofreceu unha ponencia titulada ‘Mercados financeiros: unha visión atlántica’, na que repasou os elementos clave do actual escenario económico, así como o papel das entidades financeiras para apoiar o crecemento económico.
Claves do escenario económico
Na súa intervención, o presidente de ABANCA referiuse a factores como a dixitalización e a globalización, que “disparan a velocidade de transmisión de calquera shock”, a inestabilidade xeopolítica, que “intensifica a incerteza”, ou o uso de divisas nas guerras comerciais, que supón “un factor de volatilidade adicional”.
Neste contexto, o presidente de ABANCA fixo un chamamento a “aprender a xestionar a incerteza”, e defendeu “a fortaleza institucional como elemento imprescindible para xerar confianza en contextos volátiles”.
Continuar a recuperación
Respecto da maneira de fortalecer as economías española e europea, Juan Carlos Escotet afirmou que “a recuperación non se pode sustentar só en inxeccións de liquidez, cuxo impacto sobre o crecemento se esgota”. “Europa necesita reformas estruturais para reactivar o seu crecemento”, afirmou, especialmente en campos como a cohesión, os sectores produtivos en fase de madurez, a política fiscal común, o emprendemento, a economía dixital e a demografía.
En relación con España, “que logrou notables avances na corrección de desequilibrios estruturais”, o presidente de ABANCA sinalou aspectos fundamentais sobre os que seguir actuando, como a innovación, a reactivación do sector industrial, a eficiencia do gasto público, o mercado laboral ou a natalidade.
Sobre Galicia, Escotet destacou o logro que supón rexistrar un período de 12 trimestres con crecemento superior ao de España e sinalou a Portugal como “oportunidade para reactivar o sector exterior da comunidade”.
Transformación do sector financeiro
Na súa intervención, o presidente de ABANCA lembrou ademais a intensa transformación do sector financeiro español tras a crise, “cun aumento de capital de 89.000 millóns desde 2007, a importante redución da súa capacidade, o fortalecemento do seu modelo de gobernanza e a mellora da calidade dos seus activos”. A través desta transformación, o sector incrementou “a súa fortaleza para soportar conxunturas adversas e impulsar o fluxo de crédito”.
Juan Carlos Escotet cualificou o actual como “un momento inmellorable para o financiamento do investimento” e destacou ademais o papel da banca “como socio na transformación dixital da economía a través dunha maior integración na cadea de valor”.
Sostibilidade
O presidente de ABANCA referiuse á importancia de canalizar recursos cara a un modelo económico máis sostible. Escotet lembrou o papel de ABANCA como un dos 130 signatarios fundadores dos Principios de Banca Responsable de Nacións Unidas, ademais de ser unha do catro únicas entidades españolas, de 31 en todo o mundo, que subscribiron o Compromiso Colectivo para a Acción Climática.
O presidente do banco expuxo a vontade de ABANCA de promover a sostibilidade a través “dun modelo de responsabilidade social corporativa con acción prioritaria en Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) propios da nosa contorna: mar, enerxía renovable, educación, etc.”, indicou. “A sostibilidade non se limita ás respostas á ameaza climática, senón que é un dereito humano que significa solucións dirixidas a pechar as brechas que obstaculizan o progreso social e económico”, afirmou.