Juan Carlos Escotet: “Queremos ser factores do progreso de León”
- Con 50 oficinas en 42 municipios, a entidade resultante é o segundo banco con máis presenza na provincia
- Nos últimos 12 meses a entidade inxectou 100 millóns de euros en crédito na economía de León
- A entidade reorienta a súa actividade á banca tradicional e de servizo para empresas e familias
Queremos ser factores del progreso desta provincia”. Con estas palabras sintetizou Juan Carlos Escotet, vicepresidente de ABANCA, a vocación coa que a entidade financeira, que esta tarde celebrou o seu acto de presentación institucional, levará a cabo o seu labor na provincia de León na etapa que agora se inicia.
O acto, celebrado a partir das 19.30 horas no Auditorio do Hostal de San Marcos (Parador de León), contou coas intervencións de Javier Etcheverría, presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco e vicepresidente de ABANCA, e Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, que presentaron o proxecto da entidade ante case 500 invitados representativos de todos os sectores da sociedade leonesa.
Previamente, desde as 17.00 horas, a Orquestra Gaos ofreceu un concerto na plaza da Catedral de León aberto á participación de todos os leoneses.
Con 50 oficinas situadas en 42 municipios de todas as comarcas leonesas, ABANCA é a segunda entidade bancaria con maior presenza na provincia. No último ano investiu en León un total de 100 millóns de euros, cumprindo desta maneira o compromiso anunciado hai un ano, tras a adquisición da rede de oficinas procedentes das antigas caixas galegas por parte de Banco Etcheverría, hoxe xa integrado en ABANCA.
Banca minorista tradicional para empresas e familias
Nos últimos meses ABANCA acometeu un profunda pero rápida transformación en todos os seus ámbitos, con especial fincapé na estratexia comercial, o goberno corporativo e o modelo de relación co cliente. “Hoxe iniciamos unha nova etapa cun proxecto de institución financeira sólida e con futuro, impulsada pola fortaleza, o espírito innovador e a experiencia internacional do Grupo Banesco”, sinalou Javier Etcheverría no acto de presentación. A entidade reorientou a súa actividade cara á banca minorista de proximidade para empresas e familias.
ABANCA aúna a prudencia e proximidade da banca tradicional, a innovación e o enfoque tecnolóxico do modelo bancario actual, e o carácter social das antigas caixas. “Temos un novo modelo que ofrecer aos nosos clientes: banca sustentable e responsable, que privilexia o talento e a ética empresarial”, indicou na súa intervención Juan Carlos Escotet.
Na súa nova etapa, ABANCA marcouse como prioridade estratéxica a concesión de crédito. No próximos tres anos a entidade ten previsto conceder novo financiamento por importe de 12.000 millóns de euros, dos cales 8.500 irán destinados a empresas.
Este plan xa está a dar importantes resultados: no primeiros nove meses do ano a entidade asinou novos créditos por importe de 2.356 millóns de euros, aos que se suman outros 2.144 millóns en financiamento empresarial a través de liñas de desconto, confirming, factoring e comercio exterior, o que sitúa o investimento crediticio anual total en 4.500 millóns de euros.
Solidez, solvencia e rendibilidade
Cun cociente de capital de 12,8%, 2,6 puntos máis que a peche de 2013, a entidade figura entre as máis solventes do mercado bancario español.
De feito, ABANCA superou as recentes probas de resistencia realizadas polo BCE como unha das entidades máis sólidas en calquera dos supostos proxectados na análise. “Estes resultados supoñen un importante aval para o noso proxecto e transmiten ao noso mercado a nosa mensaxe de solidez e solvencia”, sinalou Francisco Botas, conselleiro delegado da entidade.
A entidade mantén unha estratexia de sustentabilidade a longo prazo na que o equilibrio do balance e a calidade da carteira xogan un papel fundamental. A entidade financia todo o seu crédito a través da captación de depósitos, que entre xaneiro e setembro creceron en 1.062 millóns de euros. “A nosa capacidade de captación é a base do noso plan de expansión crediticia, un esforzo prudente pero ambicioso en favor das empresas e as familias”, explicou Francisco Botas.
O saldo de créditos dubidosos, pola súa banda, reduciuse nun 17% no mesmo período. A taxa de cobertura destes créditos alcanza nestes momentos o 58,2%, 1,8 puntos máis que ao peche de 2013. ABANCA obtivo no primeiros nove meses de 2014 un beneficio antes de impostos de 474 millóns de euros. A rendibilidade, concepto que reflicte a actividade bancaria básica con clientes, continúa ascendendo e situouse no 1,9%, fronte ao 1,5% de hai un ano, un 26,7% máis.
Dimensión global e compromiso local
ABANCA forma parte de Banesco, un grupo bancario internacional con presenza en catorce países de Europa e América. De cara aos seus clientes, esta característica permite á entidade ofrecer un valor diferencial ás empresas en proceso de expansión a outros mercados e ás comunidades de emigrantes no exterior. A entidade combina este elevado grao de internacionalización cunha forte implicación coa realidade máis cercada de cada mercado.
ABANCA, aínda que está presente en toda España a través dunha rede 700 oficinas e 4.800 empregados, centra a súa actividade fundamentalmente en Galicia, Asturias e León. “Aspiramos a converternos na primeira entidade financeira do noroeste peninsular”, sinalou Javier Etcheverría, presidente de ABANCA.