• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Juan Carlos Escotet recolle o premio ‘Finanzas para todos’ polo programa educativo Segura-Mente ABANCA

  • O presidente e o conselleiro delegado de ABANCA recibiron o premio durante o acto central do Día da Educación Financeira
  • O programa de educación financeira de ABANCA e Afundación alcanzou no curso 2020-2021 a cifra récord de 123.170 beneficiarios
  • Escolares e persoas maiores, principais destinatarios das actividades programadas para o curso 2021-2022

O presidente da CNMV, Rodrigo Buenaventura, entregou o premio ao presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, a presidenta de Asufin, Patricia Suárez; o gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos; o presidente da CNMV, Rodrigo Buenaventura, e o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-10-2021
RSC Sostenibilidad

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, acompañado polo conselleiro delegado, Francisco Botas, recibiu o luns o premio ‘Finanzas para todos’ que entregan o Banco de EspañaSerás redirixido a outro sitio web e a CNMV no marco do acto central da celebración do Día da Educación Financeira. A gala de entrega puido seguirse en directo a través de Afundación TV.

ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, foron recoñecidas con este galardón, na categoría de ‘mellor iniciativa de educación financeira', polo seu programa Segura-Mente ABANCA. Esta proposta educativa forma parte do programa de educación financeira que impulsan o banco e a súa Obra Social e que o curso pasado alcanzou a cifra récord de 123.170 beneficiarios.

Juan Carlos Escotet agradeceu o recoñecemento recibido e sinalou que “representa un gran aliciente para todo o equipo da Obra Social ABANCA para seguir innovando e buscando propostas atractivas que nos permitan chegar con estes contidos aos diferentes colectivos sociais, mellorando así a súa capacitación nun aspecto clave que favorece a igualdade, a liberdade e o futuro das persoas e as familias”.

Programa educación financeira 2021-2022

ABANCA e Afundación tamén deron a coñecer no Día da Educación Financeira o programa de educación financeira que desenvolverán durante o curso escolar 2021-2022. Como en anteriores edicións, será un programa universal e inclusivo que contará con actividades adaptadas ás necesidades de formación en finanzas que presentan os diferentes colectivos sociais en función da etapa da vida na que se atopan, con especial atención aos escolares e ás persoas de idade avanzada.

A programación deseñada para este curso desenvolverase ao redor de catro grandes eixos: aprender a xestionar o diñeiro, aprender a xestionar riscos, alfabetización e saúde financeira, e fomento da cultura emprendedora.

Aprender a xestionar o diñeiro desde a infancia

No primeiro bloque enmárcanse actividades dirixidas a espertar conciencia desde idades temperás acerca da importancia de manexar correctamente as nosas finanzas. Entre elas, o xogo en liña ‘A tola aventura do aforro’ ou o presencial ‘Gran Prix Financeiro’. Tamén se inclúe a participación dos voluntarios e voluntarias do banco e Afundación no programa para estudantes de secundaria impulsado pola AEB e Junior Achievement ‘Tus finanzas, tu futuro’.

Xestión de riscos

No apartado de xestión de riscos destaca a cuarta edición do programa Segura-Mente ABANCA, que este ano se ampliará coa participación de persoas voluntarias do banco e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web. Estes profesionais ofrecerán charlas nos centros escolares que o soliciten para reforzar os contidos que se abordan no programa. Tamén forma parte deste bloque o programa de ciberseguridade para escolares no que o ano pasado participaron máis de 3.300 nenos e nenas.

Alfabetización e saúde financeira para escolares, colectivos profesionais e maiores

O terceiro eixo será a alfabetización e saúde financeira, con talleres e conferencias dirixidos a mellorar os coñecementos financeiros de tres colectivos: os escolares; os autónomos e profesionais, especialmente do sector primario, que necesitan recursos e formación para afrontar a saída da crise económica consecuencia da pandemia, e as persoas maiores.

Para este último colectivo deseñáronse actividades dirixidas a mellorar a súa cultura financeira xeral, así como talleres que poidan promover a súa inclusión financeira e darlles apoio para afrontar o proceso de dixitalización. As propostas céntranse en capacitar a estas persoas para o uso da banca móbil e os dispositivos de autoservizo, co fin de que poidan gañar seguridade e autonomía para realizar as operacións financeiras máis habituais e mellorar o control da súa economía persoal e familiar.

A actividade máis destacada para os escolares é a estrea dunha nova obra de teatro de educación financeira, titulada ‘Ciclope’, da que están programadas 26 representacións en diferentes puntos de Galicia, León, Asturias e Estremadura, e dúas en streaming que permitirán que a mensaxe desta montaxe didáctica poida chegar a estudantes de toda a xeografía española.

Cultura emprendedora

O último bloque de actividades ten como finalidade promover a cultura emprendedora nas aulas e nel destaca o programa ‘Empresa familiar nas aulas’, que se desenvolve en colaboración coa Asociación Galega de Empresa Familiar.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .