• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Juan Carlos Escotet Rodríguez: “Debemos aproveitar a oportunidade de transformar e fortalecer as empresas apostando pola sostibilidade, o emprego de valor e a dixitalización”

  • O presidente de ABANCA expuxo no Círculo de Empresarios de Galicia as actuacións do banco para superar a crise do COVID-19 e impulsar a evolución do modelo económico a través dos Fondos Next Generation UE
  • A entidade renovou e ampliou liñas de financiamento a empresas, autónomos e comercios por 7.900 millóns de euros, inxectou créditos ICO por 3.412 millóns de euros, aplicou moratorias por 1.389 millóns, e anticipou prestacións a 449.000 pensionistas e 93.000 traballadores
  • O presidente de ABANCA destacou o reto ao que se enfronta Galicia para reforzar o seu atractivo e competitividade se é capaz de captar poboación logo da pandemia

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a súa intervención no Círculo de Empresarios.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o alcalde do Concello de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

16-06-2021
Corporativo

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, interveu hoxe en Vigo no encontro ‘Banca e empresa, aliados para impulsar a recuperación’, organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia. O evento, no que tamén estivo presente o conselleiro delegado, Francisco Botas, serviu para poñer de manifesto o papel das entidades financeiras, e en concreto de ABANCA, no proceso de recuperación logo da crise do COVID-19, así como, de cara ao futuro, na transformación da economía a través dos Fondos Next Generation EU.

Na súa intervención ante os preto de 100 empresarios asistentes, Juan Carlos Escotet Rodríguez explicou como o bo perfil financeiro do sector bancario en termos de solvencia, liquidez e morosidade lle permitiu garantir e impulsar o fluxo de crédito e articular mecanismos para preservar o tecido empresarial e o emprego. “A diferenza da crise de 2008, nesta ocasión o sector bancario está sendo clave na recuperación”, destacou.

Como exemplos deste importante esforzo dinamizador, o presidente de ABANCA enumerou os 7.900 millóns de euros aportados pola entidade en renovación automática e ampliación de liñas de empresas, autónomos e comercios. Respecto ao ano anterior, en 2020 o banco incrementou as formalizacións de crédito a empresas nun 34,5% e as formacións de crédito a autónomos nun 28,6% (en ambos casos moi por riba do conxunto do sector, que rexistrou incrementos do 2,5 e o 18,3% para estes conceptos).

ABANCA mostrouse así mesmo moi dinámica na concesión de financiamento con aval do ICO, ferramenta na que, con un importe de 3.412 millóns de euros inxectados a 23.251 empresas, superou o cupo que inicialmente tiña asignado. O presidente de ABANCA insistiu no bo funcionamento do produto e destacou que só unha de cada tres empresas que solicitaran financiamento ICO en ABANCA pediron ampliación.

Outras actuacións destacadas foron a aplicación de moratorias financeiras por importe de 1.389 millóns de euros a 18.109 familias, ou o anticipo de prestacións a 449.000 pensionistas e 93.000 traballadores en situación de desemprego ou ERTE.

Este importante esforzo tivo como principal destino ás empresas e familias galegas. “Estamos convencidos de que con iso contribuímos á maior resiliencia da economía de Galicia en comparación coa media española en termos de emprego e PIB”, indicou o presidente de ABANCA.

Transformación económica

Na súa intervención, o presidente de ABANCA referiuse así mesmo ao papel que as entidades financeiras xogarán nos vindeiros anos. “La colaboración entre banca, administracións públicas e empresas será clave na canalización dos Fondos Next Generation UE como catalizadores da transformación económica”, sinalou. Pola súa contía e foco nos sectores de futuro este programa supón na súa opinión “unha grande oportunidade”.

Juan Carlos Escotet explicou ante os empresarios as claves do proceso de adxudicación de fondos e a resposta que ABANCA ofrece aos solicitantes a través de ferramentas como o área Next Generation ABANCA, a Sociedade para o Desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Galicia, as solucións de asesoramento bancario, as solucións financeiras a medida e os anticipos de axudas. “A boa marcha da vacinación, a chegada dos Fondos Next Generation UE e o aforro embalsado permitirán recuperar de maneira rápida a capacidade de consumo previa á pandemia”, indicou.

Juan Carlos Escotet repasou tamén a evolución da actividade comercial en Galicia, para o que utilizou datos do Observatorio ABANCA by IESIDE que poñen de manifesto rexistros superiores á etapa pre-pandemia, aínda que con elevada disparidade sectorial.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

B100, novo patrocinador principal da Cursa dels Nassos de Barcelona

29-07-2025
Corporativo

B100. The Healthy Banking dará nome á Cursa dels Nassos que se disputará o 31 de decembro.

Cursa dels Nassos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .