• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

‘Lugrís, paredes soñadas’ alcanza os 10.000 visitantes en menos dun mes de exposición

  • O público outórgalle unha puntuación de 4,6 sobre 5 e un 97% afirma que a recomendarían
  • Este proxecto expositivo e o mural restaurado ‘Vista da Coruña 1669’ poden visitarse na sede de Afundación e a oficina principal de ABANCA na Coruña ata o 3 de setembro

Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, entrega un catálogo da mostra ao visitante número 10.000.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-04-2017
RSC

A exposición ‘Lugrís, paredes soñadas’ superou os 10.000 visitantes cando está a piques de cumprir un mes aberta ao público na sede de Afundación na CoruñaSerás redirixido a outro sitio web. Deles, 1.675 son escolares que participaron nalgunha das actividades educativas organizadas por ABANCA e Afundación para promover o coñecemento do artista entre os escolares.

O proxecto expositivo e o mural restaurado ‘Vista de A Coruña 1669’, que se pode contemplar na entrada á oficina principal de ABANCA na cidade pola rúa Olmos, recibiron unha cálida acollida do público coruñés, que sempre se sentiu moi próximo a este xenial artista surrealista nacido na Coruña.

A mostra reúne máis dun centenar de obras concibidas por Urbano Lugrís para decorar espazos públicos e privados tan variados como hoteis, recintos relixiosos, fábricas industriais ou institucións culturais, e moitas delas expóñense en público por primeira vez tal e como foron ideadas polo artista. O comisario da exposición, Rubén Ventureira, realizou un minucioso traballo de procura e selección de pinturas que se poden contemplar agora na Coruña grazas á colaboración de numerosos particulares, galerías de arte, museos e diferentes institucións públicas e privadas.

Entre as obras que se exhiben destaca o ‘Retablo do descubrimento’, un conxunto composto por 13 táboas realizado por Lugrís para o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid ou a recreación virtual dalgunhas das pinturas que o artista creou para decorar a Capela dos Santos Reis de Bueu.

Guía virtual

En liña coa vocación didáctica que guía os proxectos de ABANCA, nesta exposición pódese ampliar información sobre a maioría das pinturas que se mostran e mesmo levar a exposición no teu móbil grazas á app gratuíta ‘Colección de Arte’. Esta aplicación, dispoñible para dispositivos móbiles tanto Android como iOS, utiliza a tecnoloxía de realidade aumentada e permite acceder á ficha artística da obra, afondar na biografía do autor, consultar outros cadros presentes na mostra, gardalos nunha listaxe de favoritos ou mesmo compartilos en redes sociais con só enfocar a obra coa cámara do dispositivo móbil.

Horario e visitas guiadas

‘Lugrís, paredes soñadas’ e o mural recuperado poderán visitarse de maneira gratuíta na sede de Afundación da Coruña e a oficina principal de ABANCA na cidade ata o 3 de setembro, en horario de luns a venres de 12.00 a 21.00 horas, os sábados e festivos de 10.00 a 21.00 horas e os domingos de 11.00 a 15.00 horas. Ademais, pódense realizar visitas guiadas ao mural, tamén gratuítas e sen necesidade de reserva previa, todos os martes e xoves (non festivos) ás 18.30 horas e os mércores (non festivos) ás 19.00 horas, sen reserva previa. Estas visitas complétanse coas programadas á exposición, que teñen lugar todos os martes e xoves (non festivos) ás 19.30 horas e os venres (non festivos) ás 19.00 horas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .