‘Lugrís, paredes soñadas’ despídese da Coruña con grande éxito tras superar os 42.000 visitantes
- O mural restaurado ‘Vista da Coruña 1669’ continuará aberto ao público na entrada á oficina principal do banco na Coruña pola rúa Olmos
- Durante o mes de setembro mantéñense as visitas guiadas gratuítas ao mural os martes, mércores e xoves

Imaxe dunha das visitas guiadas realizadas á exposición ao longo destes meses.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
A exposición ‘Lugrís, paredes soñadas’, organizada por ABANCA con motivo da restauración do mural ‘Vista da Coruña 1669’, pechou as súas portas este domingo na sede herculina de AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web cun grande éxito de público. Desde a súa inauguración o 30 de marzo, esta ampla visión do traballo de Urbano Lugrís como decorador de espazos atraeu a un total de 42.301 persoas.
Entre estes visitantes destacan máis de 8.000 que participaron nalgunhas das propostas incluídas no amplo programa didáctico deseñado por ABANCA e Afundación para que todos os interesados puidesen profundar na vida e obra do artista galego, especialmente nas visitas comentadas de acceso libre e gratuíto e nos talleres para escolares.
A excelente acollida que brindou o público coruñés tanto a exposición como a restauración do mural confirma a proximidade da sociedade á figura de Lugrís e a preocupación xeneralizada que existía por garantir a conservación dunha das súas obras máis emblemáticas, a peza que realizou en 1952 para decorar a sede do Banco Hispano Suízo.
O proxecto acometido polo banco, que incluíu o seu traslado desde o local da rúa Real e a restauración da pintura, asegura o futuro da obra na súa nova localización, a entrada á oficina principal de ABANCA na CoruñaSerás redirixido a outro sitio web pola rúa Olmos, 26, onde se exhibirá permanentemente a partir de agora no horario de apertura ao público destas instalacións: de luns a venres, de 8.15 a 14.15 horas e de 16.30 a 19.00 horas.
Ademais, debido á alta demanda detectada, durante o mes de setembro manteranse as visitas guiadas ao mural todos os martes e xoves (non festivos) ás 18.30 horas e os mércores (non festivos) ás 19.00 horas. Para gozar desta actividade, de acceso libre e gratuíto sen necesidade de reserva previa, só é necesario achegarse no horario establecido ao punto de encontro na rúa Olmos.