• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Máis da metade dos mozos españois estarían dispostos a abandonar o país

Enquisa impulsada por ABANCA dentro do proxecto ‘Qué quieres hacer con tu vida’

  • A entidade financeira auspicia unha investigación social dos mozos de entre 21 e 30 anos, construída tras recompilar 2.000 enquisas e 60 entrevistas en profundidade
  • A iniciativa contou cunha innovadora recollida de datos, realizada por un grupo de mozos que percorreron durante o pasado xuño 30 cidades nunha caravana
  • O proxecto forma parte dun programa de ABANCA para apoiar á xuventude española, iniciado en maio coa visita a España do Premio Nobel da Paz 2014 Kailash Satyarthi

Imaxe da caravana coa que percorreron 30 cidades para realizar a enquisa

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Informe investigación social Qué queres facer coa túa vida Informe investigación social Qué queres facer coa túa vida Ver ficheiro PDF
14-01-2016
RSC

O 55% dos mozos españois estarían dispostos a saír de España porque non se senten de todo a gusto no país ou para buscar novas oportunidades, segundo unha enquisa impulsada por ABANCA e realizada no contexto do programa ‘Qué quieres hacer con tu vida’. Os responsables do proxecto son a empresa de investigación social Two Much, a consultora de comunicación Quiero salvar el mundo haciendo marketing e a comunidade de mozos Global Shapers Madrid. A investigación realizouse con mozos de entre 21 e 30 anos, con 2.000 enquisas e 60 entrevistas en profundidade.

Outras das conclusións relevantes da investigación é que o 57% dos máis novos ven positivo o seu futuro, mentres que só o 21,5% ven positivo o futuro da súa xeración. Dos enquisados, un 66,3% cualifican a súa vida como feliz ou moi feliz e só un 13% englóbase nas respostas negativas.

Ademais do valor empírico das investigacións, esta análise destaca pola recollida de datos, que se realizou de maneira pioneira dende unha autocaravana. Unha acción coordinada polos Global Shapers e ABANCA. Durante un mes, cinco mozos percorreron 5.000 quilómetros e visitaron 30 cidades para coñecer as sensacións e as historias de centos de mozos e emprendedores. En outubro, a consultora Two Much realizou unha mostraxe a 2.000 mozos para coñecer as inquietudes deste colectivo sobre as relacións sociais, o traballo ou o futuro.

O impulso a ‘Qué quieres hacer con tu vida’ é a segunda acción dentro da estratexia de ABANCA de apoio aos máis novos para que atopen oportunidades no seu lugar de orixe. A primeira iniciativa foi organizar unha conferencia en Galicia do premio Nobel da Paz de 2014, Kailash Satyarthi.

A exposición dos resultados desta análise chega tras meses de procesamento dos datos recollidos. O formato seleccionado para dar a coñecer as conclusións é dobre: por un lado un dossier de investigación social e, por outro, un documental que recolle fragmentos das reunións e das entrevistas. A estrea da reportaxe audiovisual terá lugar o sábado 16 de xaneiro ás 19.00 horas en Campus Madrid.

Pinceladas para unha xeración

O estudo sociolóxico presentado recolle 11 conceptos que serven de nexo común para esta xeración de mozos. Lonxe de estereotipos, esta radiografía social destaca a diversidade e a singularidade como unha das pezas centrais. Os máis novos, segundo revela o estudo, buscan o pacto, son capaces de poñer en valor os seus talentos propios e senten satisfacción pola súa situación.

Mentres que o 54,6% considera en termos de emprego que as perspectivas da súa xeración son negativas, o 56,9% ve as súas expectativas laborais máis esperanzadoras que a media. Estes datos reflicten os esforzos que realizan para fuxir do concepto de inactividade. As conclusións expresan a necesidade de repensar o modelo educativo. Neste último aspecto, os mozos universitarios son máis críticos cos seus estudos e profesores que os que completaron outras formacións.

No terreo relacional e afectivo, esta investigación conclúe que os máis novos conversan apaixonadamente sobre a súa familia, educación, ocupación e relacións sociais e recoñecen o esforzo dos seus proxenitores. Neste último aspecto, o 56,4% cren que os seus pais foron un impulso e o 68,9% mostran esta opinión das súas nais. Por último, poñen en valor a amizade e recoñecen a importancia da vida en parella e a crianza dos fillos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .