• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Máis de 200 nenos e nenas de ABANCA ReSuena celebran o Día da Música cun concerto no Palacio da Ópera

  • A cita musical, con entrada libre e gratuíta ata completar aforamento, será o domingo 17 de xuño ás 19.00 horas
  • No evento debutarán sobre o escenario o Coro ABANCA ReSuena e a orquestra Mini ReSuena, formada polos alumnos e alumnas de 5 e 6 anos

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-06-2018
RSC

Os músicos mozos que participan no proxecto ABANCA ReSuenaSerás redirixido a outro sitio web, posto en marcha polo banco e a Orquestra Sinfónica de GaliciaSerás redirixido a outro sitio web co fin de promover os valores positivos asociados á práctica musical, subirán este domingo 17 de xuño, ás 19.00 horas, ao escenario principal do Palacio da Ópera para celebrar cun gran concerto o Día da Música. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforamento.

Os máis de 200 nenos e nenas que integran a orquestra neste momento mostrarán ao público os avances que realizaron neste último ano de estudos e ensaios, tras o éxito cultivado no concerto ofrecido en Nadal ante máis de 1.000 persoas.

O evento musical suporá o debut sobre o escenario para os 34 alumnos e alumnas que compoñen o coro ABANCA ReSuena, creado este ano no marco do programa baixo a dirección de Paula Padín. Tamén será a primeira actuación deste nivel para os 26 estudantes de 5 e 6 anos que forman a orquestra Mini ReSuena, que abrirá o concerto acompañada por toda a formación musical e o Coro de Mans Brancas do Colexio A nosa Señora do Rosario.

Os novos intérpretes esforzáronse durante as últimas semanas nos ensaios de preparación do repertorio que tocarán o domingo baixo a batuta de Diego Zecharies, director artístico e musical de ABANCA ReSuena. O programa inclúe temas populares como Pollitos y Grillito ou Siyahamba; composicións clásicas como Italian Caprice de Tchaickovsky, a Sinfonía nº V de Beethoven ou a Sinfonía nº 9 – Largo de A. Dvořák, xunto con outras obras como Can-Can, a banda sonora da película Piratas do Caribe e Gipsy Oberture, de Merle J. Isaac.

ABANCA ReSuena

ABANCA ReSuena comezou a fraguarse a finais de 2014 e conta co apoio de ABANCA desde os seus inicios. O proxecto arrincou cun núcleo no Centro Cívico de Monte Alto e en decembro de 2015 o banco deulle un impulso definitivo coa doazón de 150 instrumentos musicais que facilitaron a creación dun segundo núcleo no CEIP Alborada de Elviña. Este ano ampliouse o programa coa creación do coro e a orquestra Mini ReSuena, formada polos estudantes de menor idade. Na actualidade participan no programa 258 nenos e nenas e tanto o banco como a Orquestra Sinfónica de Galicia traballan para poder estendelo a outros barrios da cidade.

O compromiso de ABANCA con este proxecto responde á súa visión da música como ferramenta para o estímulo da aprendizaxe que, ademais, axuda a transmitir valores como a dedicación, o esforzo e a procura da excelencia, fundamentais para alcanzar o éxito en calquera faceta da vida.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .