• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Máis de 2.000 mozos de toda España súmanse ao proxecto da caravana ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’

  • A escoita activa ás mozas e mozos realizada este verán pola caravana de ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’ forma parte da segunda fase do programa de ABANCA ‘Palabras para Galicia’
03-07-2015
RSC

Preto dun centenar de mozas e mozos de Galicia, Asturias e a provincia de León participaron durante o pasado xuño nas máis de 60 actividades de inspiración, formación e fomento do emprendemento organizadas nesta zona pola caravana de ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’, un proxecto de mozos para mozos impulsado por Global Shapers Madrid que contou coa colaboración de ABANCA e a Fundación Universidad Empresa (FUE) e que ten como obxectivo coñecer os soños e expectativas de futuro dunha xeración.

Dos encontros organizados pola caravana en Galicia, Asturias e a provincia de León, xurdiron unhas 26 alianzas estratéxicas con plataformas, entidades e compañías, coma o Círculo de Empresarios de Galicia; Premprendedores; o espazo de coworking La Estación; a produtora musical Sin cordones, a empresa de turismo Bluscus; o grupo musical Inerttes; Carrick Brazalets; Vida Ahora; AISEC; Doutro Xeito Coworking; Libolis; Wekco; Evento Citinart; Fundación Ronsel; Productora Gato Salvaje; Galdoo; La Ferretería Eventos; Raiola Networks; Mate Estudio Creativo; Astrágalo Studio; Coworking Talud de la Ería; AJE Asturias; AJE Galicia ou a Asociación Mar de Niebla, entre outras.

O proxecto da caravana de ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’ é a acción estrela da segunda parte da iniciativa promovida por ABANCA ‘Palabras para Galicia’, que comezou o pasado mes de maio coa visita do Premio Nobel da Paz 2014, Kailash Satyarthi, quen impartiu na Coruña a conferencia ‘Educación para unha sociedade sostible: construíndo alianzas innovadoras’.

Na terceira fase de ‘Palabras para Galicia’, o obxectivo de ABANCA é empregar as conclusións xurdidas da escoita activa realizada pola caravana a estas mozas e mozos para ofrecerlles o respaldo máis adecuado ás súas necesidades para emprender. Como obxectivo para 2015, ABANCA quere promover o debate sobre a importancia da educación e o emprendemento no futuro da mocidade para a construción de sociedades máis igualitarias.

En total, máis de 2.000 mozas e mozos de toda España uníronse ao proxecto da caravana de ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’, que finalizou a súa ruta coa chegada a Madrid. Partiu o pasado 5 de xuño de Vigo e dende entón percorreu máis de 5.000 quilómetros, visitando Zamora, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Ponferrada, León, Oviedo, Gijón, Santander, San Sebastián, Pamplona, Zaragoza, Barcelona, Valencia, Albacete, Ciudad Real, Córdoba, Sevilla, Huelva, Salamanca e Valladolid.

Durante esta viaxe, os responsables do proxecto, un grupo de profesionais do mundo do xornalismo, a socioloxía e a produción audiovisual alcumados ‘Da Vincis’, que contaron tamén coa colaboración das compañías Quiero salvar el mundo haciendo Marketing e Too Much, recompilaron os testemuños dos centos de mozas e mozos que participaron nas dinámicas de inspiración e formación organizadas durante a ruta.

Con estas opinións, e as de aqueles mozos que participaron no proxecto a través da web ‘¿Qué quieres hacer con tu vida?’, estanse elaborando xa dúas investigacións –unha cualitativa e outra con datos cuantitativos- e un documental audiovisual que pretende ser a fotografía dunha xeración chea de ganas de tomar as rendas do seu futuro e emprender, desmentindo o mito da xeración perdida ou xeración ni-ni.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .