Máis de 500 persoas acuden á III Romería ABANCA Internacional no monasterio de San Rosendo de Celanova
- O encontro estivo dirixido a clientes non residentes da entidade procedentes de diferentes países europeos e americanos
- A xornada contou con visitas á abadía e interpretacións musicais de órgano e da Real Banda de Gaitas de Ourense
ABANCA celebrou hoxe no mosteiro de San Rosendo de Celanova, en Ourense, a terceira edición da Romaría ABANCA Internacional. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e o presidente de honra, Javier Etcheverría, compartiron o encontro con máis de 500 clientes non residentes da entidade financeira galega procedentes de varios países europeos e americanos.
“ABANCA é un proxecto con dúas características fundamentais: en primeiro lugar, a súa visión a longo prazo, para perdurar no tempo; en segundo lugar, o seu compromiso coa nosa contorna, que se traduce en realidades palpables como a concesión de crédito a empresas e familias, o mantemento de emprego de valor en Galicia, ou as nosas accións de Responsabilidade Social Corporativa”, explicou Juan Carlos Escotet aos asistentes durante a súa intervención.
A maioría dos presentes proceden dos países nos que ABANCA ten presenza, como Alemaña, Arxentina, Brasil, Francia, México, Reino Unido, Panamá, Suíza e Venezuela, ademáis de Estados Unidos e Porto Rico.
Os participantes gozaron dunha mañá que incluíu unha visita guiada polo mosteiro, construído no século X e declarado Ben de Interese Cultural e Patrimonio Histórico de España. Así mesmo, tiveron a oportunidade de gozar dun concerto de órgano e, máis tarde, da actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. A xornada concluíu cunha comida.
A romaría contou tamén coa asistencia de José Luis Ferro Iglesias, alcalde de Celanova, e de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia.