• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han Kang recollen en Santiago os XXIV Premios San Clemente Rosalía-ABANCA

  • As obras gañadoras foron seleccionadas por un xurado formado por estudantes de seis institutos galegos e outros cinco centros educativos de Inglaterra, Francia, Alemaña, Portugal e Rusia.

Na imaxe, de esquerda a dereita, Ubaldo Rueda, presidente da Asociación Cultural Rosalía de Castro, e Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA, cos tres autores galardoados nesta edición dos premios na rolda de prensa que tivo lugar pola mañá.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Han Kang, Marcos Calveiro e Pedro Mairal, acompañados polo director territorial de ABANCA En Santiago, Juan Carlos Carneiro; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o presidente da Asociación Cultural Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, e a conselleira de Educación, Carmen Pomar, no acto de entrega dos premios no Auditorio ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han Kang antes de recoller os seus galardóns.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

20-03-2019
RSC

Os escritores Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han Kang recolleron este mércores no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela os galardóns do XXIV Premio San Clemente Rosalía-ABANCASerás redirixido a outro sitio web. Os autores foron recoñecidos polas súas obras ‘O xardineiro dos ingleses’, ‘La uruguaya’ e ‘La vegetariana’, gañadoras nas categorías de lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira, respectivamente.

O certame, organizado polo IES Rosalía de Castro, conta co apoio de ABANCA desde 2016. O director de RSC e Comunicación do banco, Miguel Ángel Escotet, destacou na rolda de prensa que tivo lugar este mércores pola mañá “a satisfacción da entidade por compartir de novo con toda a comunidade educativa estas intensas xornadas”. Tamén trasladou os seus parabéns a todo o equipo do instituto polo magnífico traballo que realizan, especialmente tendo en conta a dificultade de coordinar un galardón destas características que implica a centros de varios países e mobiliza a máis de 1.000 estudantes”.

Nesta edición, formaron parte do xurado alumnos e alumnas do IES Neira Vilas de Oleiros (A Coruña), IES Sánchez Cantón de Pontevedra, IES Xoan Montes de Lugo, IES Otero Pedrayo de Ourense e os centros composteláns IES Antonio Fraguas e IES Rosalía de Castro. Por terceira vez participaron tamén na selección da obra premiada na categoría de lingua castelá estudantes que cursan esta materia en centros educativos de Inglaterra (Hockerill College de Londres), Francia (Saint Français Xavier de Vannes), Alemaña (Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen), Portugal (Escola Secundaria de Santa Comba Dao) e Rusia (Colexio Rosalía de Castro de Moscú).

O presidente da Asociación Cultural Rosalía de Castro e impulsor do premio desde os seus inicios, Ubaldo Rueda, agradeceu durante a súa intervención na rolda de prensa o “compromiso de ABANCA coa cultura, a educación e a mocidade, así como o compromiso ético dos escritores cos seus lectores mozos”.

Os tres autores galardoados, Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han Kang coincidiron en sinalar a emoción que supón para eles recibir este recoñecemento que outorgan estudantes de Bacharelato, un xurado totalmente independente “que ten o corazón puro e non contaminado”, en palabras de Han Kang, a gañadora en categoría de lingua estranxeira. Tamén os tres quixeron destacar o papel que desempeña neste certame o profesorado, “por non subestimar os estudantes e non limitalos á lectura de literatura xuvenil”, segundo indicou o arxentino Pedro Mairal. Marcos Calveiro, recoñecido na categoría de lingua galega, sinalou tamén a relevancia que supón para os tres “sumarse á extensa nómina de gañadores deste premio, amplamente representativa da literatura do noso tempo”.

No acto de entrega que tivo lugar no Auditorio ABANCA os tres autores estiveron acompañados polo alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega; a conselleira de Educación, Carmen Pomar; o director territorial de ABANCA en Santiago, Juan Carlos Carneiro; o equipo docente do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, promotor do certame, e tamén por un bo número de estudantes que formaron parte do xurado.

Arredor deste evento central organizouse como é habitual un completo programa de actividades pensadas para fomentar a participación dos estudantes, entre as que se inclúe un encontro do alumnado con cada un dos tres autores premiados.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .